Luisa Castro asegurou en Burela que os libros "crean unha sociedade libre"

A corporación subliñou o éxito da feira, con máis de 600 libros vendidos na primeira xornada e unha destacada afluencia de público
O pregón de Luisa Castro estivo moi concorrido
photo_camera O pregón de Luisa Castro estivo moi concorrido

A Feira do Libro de Burela celebrou a súa segunda xornada, un día onde destacou o pregón da escritora focega Luisa Castro, que destacou o papel dos libros para "construír unha sociedade máis libre e democrática". Foi tamén momento para facer un primeiro balance por parte da organización, sinalando "os 600 libros vendidos o venres" segundo comentou Alfredo Llano, e "a boa respuesta do público" segundo dixo o concelleiro de cultura burelés, José Díaz. 

A pregoeira desta edición da feira do libro, a escritora focega Luisa Castro –premio Hiperión de poesía ou Azorín de novela– quixo agradecer de antemán a súa invitación á Feira do Libro de Burela, para comezar o seu discurso sinalando a relación de Foz e Burela como "pobos irmáns, próximos de mentalidade". No seu discurso Castro destacou o papel dos libros dicindo que estes "serven para construir cousas boas e positivas" e que "perduran no tempo, ó contrario que as palabras". Castro tamen suliñou "a capacidade que temos de escoitar cando lemos un libro" e destacou o papel destes para crear unha sociedade "autocrítica, que constrúe unha sociedade máis libre e democrática". 

Durante o acto inaugural da feira, tamén dixeron unhas palabras o alcalde de Burela, Alfredo Llan; o concelleiro de Cultura, José Díaz; e a deputada de Cultura, Pilar García Porto. Llano quixo destacar o éxito de vendas "con máis de 600 libros vendidos onte" e o papel da feira como escaparate para "facer presentacións, debatir e preguntar". 

Ademais do desconto do 10% nos libros, sortearase unha tablet entre quen fagan unha compra na xornada deste domingo

Pola súa banda, o concelleiro de Cultura, José Díaz, destacou que "en esta edición hay más editores, escritores y librerías" e sinalou que "es un orgullo hacer una feria del libro y que tenga esta implicación por parte del público". Pilar García Porto, deputada provincial de Cultura, resaltou o "esforzo e a implicación do Concello e os colaboradores" e dixo que "na Deputación cumprimos co noso compromiso colaborando con estes actos, tanto no eido económico como na reedicón de obras como a de Ricardo Pena". 

VALORACIÓNS. As librarías que se dan cita en Burela fixeron tamén valoracións moi positivas do evento. Así, Arturo Fernández, da Librería Nobel de Burela, destacou o éxito das presentacións de libros. E fixo fincapé no aumento das vendas, dicindo que "la gente ha aprovechado los descuentos para comprar más libros, sobre todo sagas y libros de ilustraciones, que suelen ser más caros". Tamén facía unha valoración positiva Marta Moar, da Libraría Couceiro, que destacaba que "moita xente veu cunha lista de libros para comprar". 

PROGRAMACIÓN. Este domingo, último día da feira, os actos comezaron ao mediodía. A esa hora Matías Escalera presentou a súa última obra ‘Del amor (de los amos) y del poder (de los esclavos)’, un acto conducido por Julia Mª Labrador. Logo foi o turno de Patricia Beltrán, que presentou ‘El fiel reflejo de la nada’ acompañada de Maka Ledo que falou de ‘Nefibilata’; actos que foron dirixidos por Matías Nicieza. Para a unha e cuarto estaba programado o espectáculo de contacontos de Caxoto Cativo que trouxop a Burela ‘Cervantes vs Shakespeare: 400 anos despois’. E para cerrar os actos da mañá houbo unha actuación da S.C.R. Ledicia. 

Pola tarde os actos comezaron de novo ás seis, cando Patricia Otero presentou ‘Deja atrás la depresión y alcanza la felicidad’, un libro que elaborou en conxunto con Fernando L. Vázquez, Ángela J. Torres e Manuel Arrojo Romero. O seguinte acto programado é a presentación do libro de Paco Rivas ‘Entre o abalo e a zaranda’. Ás oito menos cuarto Paco Rivas estará de novo na mesa de debate para presentar, acompañado de Otero Regal e Pablo Mosquera o libro ‘A Maruxaina e outras sereas’. Na mesa redonda, que comezará ás oito e media, presentarase Paraloando Literatura, debatindo sobre :‘ Autoedicións, sí ou non. Impresións da Feira’, que conduce Pepe Peinó e onde intervirán Ramón Reimunde, Rita Morrigan, Maka Ledo e Matías Escalera. 

Para cerrar á feira, ás dez menos cuarto da noite, farase o último sorteo da cita literaria. Nesta ocasión as persoas que fagan unha compra nas casetas da Praza da Mariña poderán gañar unha tablet. 

Comentarios