Luis Cordeiro Maañón: ''Es muy importante conocer la actividad económica que se desarrolló en nuestros castros''

Luis Cordeiro, ás portas da casa da cultura focega. (Foto: Héctor Manasé)
photo_camera Luis Cordeiro, ás portas da casa da cultura focega. (Foto: Héctor Manasé)

Cordeiro participou nas xornadas da historia de Foz que organiza A Pomba do Arco, que continúan hoxe, cunha intervención sobre os castros locais. Realizou a súa tese sobre este tema, un traballo que dá un paso adiante no estudo do período castrexo na zona, xa que menciona xacementos que ficaban descoñecidos.

a segunda conferencia das xornadas da historia de Foz foi capitaneada por Luís Cordeiro Maañón, un arqueólogo e investigador focego que conta cun importante número de publicacións e traballos de campo na área da arqueoloxía, entre os que destaca a escavación do Castro das Grovas en Ribadeo ou a Catedral de San Martiño de Mondoñedo.

De que tratou a súa intervención nas charlas de Foz?

A miña intervención versou sobre os castros que hai no concello. A partir dos datos obtidos na tese de doutoramento que fixen baixo o título ‘Os castros costeiros na Mariña de Lugo’ expuxen as investigacións realizadas que afectan ó concello.

Cantos castros se contabilizan no municipio?

Eu encontrei seis castros costeiros e analicei o seu papel dentro da localidade e dentro da rasa costeira.Compróbase que hai unha densidade de castros bastante alta dentro da rasa costeira, xa que de cada catro kilómetros hai un.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios