Luis Castro: «Por Difuntos se estrenaban los trajes de invierno y abrigos»

Aos seus 81 anos, Castro é un dos útimos xastres de Vilalba. Xa xubilado, repasa a súa dedicación a un mundo no que se iniciou aos nove anos
Luis Castro
photo_camera Luis Castro

Elegante e amante do bo facer. Así é como se mostra o vilalbés Luis Castro, un dos últimos xastres que exerceu este oficio na capital chairega, despois de dedicarlle toda a súa vida e de pasar polas súas mans centos de abrigos, chaquetas, vestidos e, sobre todo, traxes.

Iniciouse neste mundo hai 73 anos, cando tiña nove. «Es una profesión que en aquellos tiempos tenía salida porque se trabajaba todo mucho a mano. De hecho, llevaba como mínimo cinco años de aprendizaje», recorda Luis.

Despois dun paréntese de catro anos para facer o servizo militar en Ferrol e ampliar os seus estudos en Barcelona, na Academia Cans, durante oito meses para acadar o título de modelista-patronista, regresou a Vilalba para exercer desde entón sempre de xastre.

Logo estableceuse na Porta de Cima, na casa onde naceu, e a principios da década dos 60 cambiou a xastrería á actual Rúa Galicia, onde no 74 abriría tamén unha tenda de roupa que hoxe segue aberta coa súa filla á fronte.

En 1974 inauguraba unha tenda de roupa na Rúa Galicia que hoxe segue aberta coa súa filla á fronte 

«Llegué a tener ocho chicas trabajando en la sastrería. Entonces la confección era mínima en las tiendas y en Vilalba había entre ocho y diez sastres en activo», lembra, ao tempo que lamenta que a profesión foi a menos pola confección e que agora só existe a xastrería «semiindustrial».

«Con el tiempo, quizás seguirá habiendo trajes de este tipo, pero será a un nivel muy prohibitivo», apunta este vilalbés, que engade que un traxe feito a medida leva unhas 48 horas facelo e que el empezou cobrando «300 pesetas por la confección de uno, 350 si era con chaleco, telas aparte». «Algunos clientes me contaban que tenían que trabajar seis meses para hacer uno», di.

Pero é que había determinadas datas sinaladas no calendario que implicaban ter que ir falar co xastre, principalmente nas festas patronais. «La temporada alta era desde Semana Santa hasta San Ramón, que era cuando se estrenaba el conjunto de verano en las fiestas y bodas, mientras que por Difuntos era el turno de la ropa de invierno, abrigos, chaquetones y zamarras», apunta Luis.

Entre as encargas que atendeu, abarcou moitas facetas, desde roupa eclesiástica e militar para graduacións, pasando por roupa de señora e cabaleiro, vestidos de noiva e traxes de primeira comuñón, incluidos os dos seus netos.E no apartado dos pedidos máis singulares, traxes de cachemir puro ou de lá de vicuña, a máis cara que hai. «Siempre trabajé con el mismo cariño e interés para el cliente más humilde y para el más pudiente», manifesta.

Comentarios