A luguesa Lucía Pérez regresa o luns á TVG cun programa sobre emocións

'Quérote tanto' abordará cuestións como a exteriorización dos sentimentos ou se somos ou non "tan toxos como nos pintan"

Despois do éxito de Destino Santiago, o innovador formato da Televisión de Galicia onde a cantante do Incio Lucía Pérez e o tamén músico Tonhito de Poi fixeron o Camiño de Santiago retransmitido en tempo real ao longo de 40 xornadas, e o Heicho cantar queridiña onde Lucía Pérez xunto con Sergio Zearreta descubriron cómo son os galegos a través da música, agora a artista galega chega a nova grella da TVG cun novo programa, Quérote tanto.

No programa abordaranse cuestións como que si non exteriorizamos ou se somos "tan toxos como nos pintan...", segundo sinala a artista. Son todos mitos galegos que Lucía Pérez xunto con Arantxa Treus intentarán desmitificar no novo espazo, Quérote tanto.

Trátase dun programa de historias anónimas que merecen por fín saír á luz e onde as emocións e os sentimientos serán os verdadeiros protagonistas. O novedoso formato EmoTv, a "televisión das emocións" estréase o próximo luns, día 30, pola noite na Televisión de Galicia.

Comentarios