Lugo agarda este venres outra xornada de calor

Os ceos estarán despexados en xeral con máis nubes no litoral norte
Una jornada calurosa en Lugo. SEBAS SENANDE (ARCHIVO)
photo_camera Calor en Lugo. SEBAS SENANDE

O venres Galicia estará nunha situación intermedia entre as altas presións situadas sobre Azores e unha baixa relativa sobre o sur peninsular.

Polo tanto, os ceos estarán despexados en xeral con máis nubes no litoral norte e algunhas brétemas no litoral. Pola tarde medrarán nubes de evolución que poderán deixar algún chuvasco de tipo tormentoso nas provincias de Lugo e Ourense.

As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente mentras que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará frouxo de compoñente norte, máis intenso entre o norte de Rías Baixas e Costa da Morte pola tarde.
 

O rexistro de mínimas e máximas agardados para as cidades son os seguintes:

A Coruña 20 º 24 º

Ferrol 19 º 25 º

Lugo 18 º 35 º

Ourense 19 º 38 º

Pontevedra 18 º 28 º

Santiago de Compostela 17 º 31 º

Vigo 16 º 26

Comentarios