jueves. 12.12.2019 |
El tiempo
jueves. 12.12.2019
El tiempo

Lugo acollerá o 28 de abril a entrega dos Mestre Mateo do audiovisual galego

A Academia Galega do Audiovisual anunciou que os premios Mestre Mateo, cos que recoñece o mellor do sector audiovisual do país, se entregarán o día 28 de abril en Lugo. O vindeiro día 6 de marzo informarán sobre os candidatos na trintena de categorías nas que se concede o galardón.

A entidade analiza xunto coa Televisión de Galicia, que retransmitirá o evento, o espazo no que se vai desenvolver. Os recintos que estarían estudando serían o auditorio Gustavo Freire e o Pazo de Feiras e Congresos.

O director da gala, Xaime Fandiño, está escribindo un borrador do guión que rexirás as dúas horas e media que se prevén de cerimonia. O contido dese documento marcará a identidade do encargado ou encargados de presentar o acto.

O ano pasado foron o actor e director Xosé Antonio Touriñán, conocido daquela polo seu papel de ‘cantareira de Ardebullo’, e a periodista Belén Regueira, os encargados de presentar a gala, que se levou a cabo no Auditorio Municipal de Ourense.

Este ano será especial por cadrar os dez anos dos Mestre Mateo cos dez anos da propia Academia Galega do Audiovisual, que ten a dous lucenses, Antonio Mourelos e Jorge Coira, ocupando respectivamente a presidencia e a vicepresidencia. Estes galardóns deron continuidade en 2002 aos premios Agapi, que concedía dende 1996 a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi).

Os Mestre Mateo chegan este ano a Lugo procedentes de Ourense, onde se celebró a gala do ano pasado. En 2010, o acto de entrega desenvolveuse en Narón.

A edición do ano pasado tivo un carácter lucense nos galardóns que decidían os responsables da Academia: o premio Revelación Chano Piñeiro e o premio de Honra Fernando Rey foron para Oliver Laxe e Luis Tosar, respectivamente.

A maiores do propio certame. o protagonista da noite será a figura premiada co Mestre Mateo de Honra. Polo de agora, está en marcha o proceso de votación, no que os 250 socios presentaron unha vintena de nomes sobre os que terá que pronunciarse a directiva.

Encontros

En edicións anteriores tamén se desenvolveron os chamados Encontros Mestre Mateo durante as semanas anteriores á entrega dos recoñecementos. A Coruña, Ourense, Santiago, Vigo e o propio Lugo acolleron a iniciativa da Academia para converter estes premios en algo cercano a toda Galicia.

Consistiu en que a Academia Galega do Audiovisual achegaba os traballos e os profesionais aos estudantes das escolas de comunicación audiovisual de Galicia, a través da exhibición de distintas producións e de charlas con profesionais que traballaron en cada unha delas. Tamén tiñan o aliciente de que as persoas presentes nas conferencias estaban nominadas aos premios.

Lugo acollerá o 28 de abril a entrega dos Mestre Mateo do...
Comentarios