viernes. 05.06.2020 |
El tiempo
viernes. 05.06.2020
El tiempo

Lucía Pérez: ''Para min é tan importante actuar nunha cidade grande como na aldea máis pequena''

Lucía Pérez, nunha actuación en Viveiro o ano pasado.
Lucía Pérez, nunha actuación en Viveiro o ano pasado.

As festas patronais de Ourol, que se celebran dende mañá ata o domingo, contan nesta edición coa actuación estelar de Lucía Pérez no transcurso da verbena do sábado. A artista é máis coñecida agora que pasou por Eurovisión, aínda que recoñece que segue traballando do mesmo xeito que sempre.

eurovisión foi o programa que serviu de trampolín para que a lucense Lucía Pérez saltara á fama poñendo o seu nome en boca de todos. Ademais de diversas actuacións, a cantante do Incio está agora centrada no programa musical da Televisión de Galicia ‘Heicho cantar queridiña’. Neste novo proxecto a cantante estréase como presentadora de televisión. Despois do verán, Lucía comenzará a preparar o seu novo disco.

Que repertorio musical ten preparado para a actuación en Ourol?

Trátase dunha actuación dunha hora de duración na que farei un repaso polas cancións dos meus discos. Agora tamén estamos interpretando temas galegos de sempre que á xente lle gusta escoitar e bailar. O público que non me vira en vivo o ano pasado escoitará algún tema que para eles será unha novidade aínda que por agora non hai novo disco.

O ano pasado estivo en Viveiro, garda un bo recordo da Mariña?

A Viveiro téñolle un especial cariño porque actuei en varias ocasións no Festival da Canción do Landro. Ademais teño grandes amigos por esa zona e un importante club de fans, unhas rapazas que me seguen en todos os concertos que fago e que tamén están movendo moito nas redes sociais a través das cales recibo moito apoio. En realidade gústame moito A Mariña, calquera que sexa a localidade.

Consiga AQUÍ la información completa

Lucía Pérez: ''Para min é tan importante actuar nunha cidade grande...
Comentarios