Lucía Pérez: ''El verano finaliza con las fiestas del San Froilán''

O verán comeza cando…
Cando empezan as miñas actuacións e concertos.

O seu refuxio de verán é...
No lugar máis tranquilo para coller forzas para traballar, é dicir, unha praia con pouca xente ou o meu pobo, O Incio.

Que non pode faltar no seu roupeiro de verán?
Vestidos cortos, sandalias planas e de tacón para os concertos.

Que leva na bolsa da praia?
Pouca cousa, pero a toalla, a protección solar e unha pouca calderilla para un xeado, non faltan.

Bañador ou bikini?
Bikini.

O mellor que se pode facer na praia é...
Relaxarse e non pensar en nada.

Un lugar ideal para unha boa sesta...
Non son moito de sestas pero este verán serán no coche cando vaia de camiño para os concertos.

Toma o sol...
Tomo o sol na praia e na miña casa para coller algo de cor.

Un remedio para o calor?
Un gin tonic con moito xeo.

Para durmir en verán prefire...
Un camisón lixeiro.

O mellor do verán é...
O mellor ánimo da xente e que disfrutas moito máis de todo o que che acontece.

E o peor...
Que non chegue o sol coma está ocorrendo este verán.

O mellor verán...
Este, porque fun a Eurovisión e porque a xente me apoiou moito.

Unhas vacacións para lembrar…
Os veráns de cando eu era pequena en Cedeira cos meus pais e coa miña familia.

Os mellores brindis do verán levan...
Unha copa de ribeiro antes dos concertos e logo un gin tonic para rematar.

Tapa ou menú de verán preferido:
A ensaladilla.

A canción do verán que nunca esquecerá:
Algunha dos anos sesenta como ‘Un rayo de sol’.

Unha praia:
A praia das Catedrais na costa lucense.

Unha ruta:
A etapa do Camiño de Santiago Cebreiro-Samos que percorrín fai pouco.

Unha cidade:
Oviedo porque estou bastante arraigada con Asturias e porque estudei alí.

Unha película para unha tarde de cine de verán:
Unha que non me canso de ver é ‘Pretty woman’ porque non che fai pensar moito.

Un libro para as vacacións:
‘El cuaderno de Maya’, de Isabel Allende.

Como serían as súas vacacións soñadas?
Seguramente recorrer algúns dos lugares paradisíacos como, por exemplo, Indonesia.

O festival/cita de verán á que non pode faltar é...
Aínda que nunca fun por motivos de traballo, teño moitas ganas de ir ao Festival de Ortigueira.

A mellor hora para o sexo en verán é...
Pola maña que se está máis fresquiño.

Con quen compartiría a toalla?
Coa miña familia, co meu mozo e cos meus amigos, coa xente máis próxima.

Onde poderemos atopar a Lucía Pérez este verán?
Pois enriba dun escenario de festa en festa, aínda que xa estiven uns días en Sanxenxo.

O verán termina cando...
Cando remata o forte das actuación, polo San Froilán.

E despois do verán...
Cambio de chip para preparar máis actuacións, para presentar disco e planear o inverno porque hai que seguir traballando.

PERFIL

Nome: Lucía Pérez.
Idade: 26 anos.
Orixe: O Incio (Lugo)
Traxectoria: A cantante lucense entrou no mundo da música tras gañar o concurso ‘Canteira de Cantareiros’ do Programa Luar da TVG en 2002. Estudou Maxisterio Musical na Universidad de Oviedo e actualmente estuda Pedagoxía. Representou a España no Festival de Eurovisión deste ano co tema ‘Que me quiten lo bailao’ en Düsseldorf, Alemania. Esta canción eurovisiva está dentro do seu álbum titulado ‘Cruzo los dedos’. No ano 2005 conseguiu o segundo posto coa canción ‘Qué haría contigo’ no Festival da Canción de Viña del Mar celebrado en Chile. En 2009 participou por segunda vez no Festival de Viña del Mar e dous meses máis tarde foi elexida para interpretar o Himno de Galicia na toma de posesión do actual presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. En 2010 proclamouse gañadora do Primer Festival de la Canción Gay, Gayvisión, coa canción ‘O Incio’, que foi interpretada integramente en galego. Esta canción forma parte do seu disco en galego, ‘Dígocho en galego’.

Comentarios