jueves. 04.06.2020 |
El tiempo
jueves. 04.06.2020
El tiempo

Lucía Pérez: ''Despois de Eurovisión gañei público infantil e adolescente''

Lucía Pérez (Foto: AEP)
Lucía Pérez (Foto: AEP)

A xira de verán de Lucía Pérez tivo máis de 40 concertos. «En acústico, con banda grande... Fixemos todos os formatos». Logo de representar a RTVE en Eurovisión, a cantante do Incio non podía faltar este ano nas festas de San Froilán (22.30 horas, Praza da Horta do Seminario). Lucía Pérez vén de actuar en Rotterdam a pasada fin de semana e está a preparar os bártulos da volta a casa cando transcorre esta entrevista.

Este ano, logo de todo o que lle pasou, tocaba actuar no San Froilán...

Sí. Tiña moitas ganas de vir este ano ao San Froilán e agradezo moito que se lembrasen de min... E na Praza da Horta do Seminario!!! É grandísima!!! Quedei moi contenta coa anterior actuación na Praza de Santa María, pero esta será cun concepto diferente...

Leva sen parar todo o verán...

A xente recíbenos moi ben. Estamos encantados coa reacción e dámonos de conta de que, logo de Eurovisión, gañei moito público infantil e adolescente. É unha gozada que aos concertos vaian avós, pais, netos... Antes viña máis ben xente adulta e agora, todo tipo de públicos. Tamén atopeime con xente que me segue en varios concertos, facendo quilómetros por verme. Estou impresionada.

Dous dos concertos máis existosos deste verán na provincia de Lugo foron seus. Un, en Monforte, ben preto da súa casa...

Eu tíñalle respecto á Praza da Compañía, porque semella que non se enche nunca!! É inmensa. Xa antes de empezar o concerto dicíame o meu mozo: «Hai moi bo ambiente». Eu non quería mirar e nunca imaxinei tantísima xente. É inexplicable. Podo dicir que son profeta na miña terra! (Risas).

E o outro...

Vas dicir o de Viveiro, verdade?

Si.

Foi marabilloso. O do Landro foi o pimeiro festival no que participei e volver a esa praza xa, digamos, como artista...

Vostede logrou poñer ao seus pés aos eurofáns, nada contentos ao principio coa elección da canción.

Si que é certo que non estaban moi contentos coa canción, pero viron as miñas ganas e estiveron conmigo. O público eurofán é súper fiel. Teño moi boa relación con xente como os do portal Eurovisión Spain e aínda me dicían no concerto que dei hai unhas semanas na Galileo Galilei de Madrid que tiña que volver...

E?

Agora apetéceme darme un tempo para disfrutar todo o que me pasou. O que foi ir a Eurovisión. Enlacei as galas de selección co festival e a xira de verán... Teño ganas de tomarme un mes, aínda que sexan 15 días, para descansar e ir asimilando cousas...

O que si que é certo é que tal e como está a industria discográfica, o futuro será de quen se entregue en directo...

Os directos son unha hora ou unha hora e media que tes para dalo todo, para demostrar o que eres. E nós estamos vendo que vendemos moitos discos despois dos concertos.

Deulle tempo para pasarse xa polo San Froilán?

Pois non, pero teño que dicir que o cartel é boísimo. E non porque estea eu, faltaría máis. Hai cousas para todos os públicos, animación de rúa, aposta por artistas nosos... O día do Pilar vouno tomar para gozar da festa.

Lucía Pérez: ''Despois de Eurovisión gañei público infantil e...
Comentarios