Lucía Pérez abriu en Zúrich a súa promoción exterior cara a Eurovisión

Lucía Pérez, cos galegos de Zúrich (Foto: EP)
photo_camera Lucía Pérez, cos galegos de Zúrich (Foto: EP)

A cantante do Incio Lucía Pérez, que representará a España no vindeiro festival de Eurovisión se celebrará o 14 de maio en Alemaña, abriu esta fin de semana a súa promoción internacional  unha actuación ante a comunidade galega de Zúrich, en Suíza.

Segundo conta primeira galega que defenderá a candidatura de RTVE no festival europeo,atopou os galegos de Zúrich «moi volcados» coa súa actuación e confía en que o resto das citas que ten previstas en centros galegos de distintos países europeos sexan igualmente exitosas. A inciega ten pechadas actuacións para o 10 de abril en Londres e para o 30 do mesmo mes outra vez en Suíza, na cidade de Xenebra.

A comunidade galega As  eitosiñas de Zúrich celebrou esta fin de semana os seus 30 anos como punto de encontro dos galegos emigrados na cidade suíza. Lucía Pérez foi o plato forte da programación e os  sociados gozaron dunha actuación na que non faltou ‘Que me quiten lo bailao’, o tema que defenderá en Eurovisión. A promoción de Lucía Pérez incluirá tamén o lanzamento do seu quinto disco, coa multinacional Warner, que porá no mercado en Semana Santa un álbum no que soarán tanto a canción elixida para Eurovisión, ‘Que me quiten lo bailao’, como ‘Abrázame’, a balada que, nun principio, era máis do gusto da inciega durante o proceso de selección.

Precisamente esta canción, ‘Abrázame’, foi votada pola sección española do club de fans oficial e internacional de Eurovisión, Ogae (segundo as siglas en francés) para ser interpretada  ola propia Lucía Pérez en Ogae 2011 Second Chance.

Os eurofáns son os organizadores deste certame, un concurso ao estilo de Eurovisión no que participan os clubs estatais de  gae, que envían como representante unha das cancións da súa preselección que non foron elixidas. Deste xeito, dáselle unha segunda oportunidade a outro  tema.

Lucía Pérez conseguiu o dobrete, xa que foi seleccionada por RTVE con ‘Que me quiten lo bailao’  e os eurofáns do Ogae español votaron outro dos seus temas para este concurso das segundas oportunidades, que España ten gañado en dúas ocasións; unha, en 2002, co Corazón latino’ de David Bisbal. Tócalle organizar o certame a Suecia, posto que o ano
pasado os gañadores foron os Timoteij suecos.

Comentarios