Luces y sombras de la nueva PAC en Galicia

LOS RETOS AGROGANADEROS. El campo gallego se encontrará con un escenario distinto con la nueva Política Agraria Común (PAC) para el período 2015-2020, marcada por la figura del agricultor activo, los pagos directos en función de la superficie y la supresión de cuotas lácteas.

Los efectos de la aplicación de la Política Agraria Común (PAC) en Galicia suscitan diferentes interpretaciones. La Xunta y el sindicato Xóvenes Agricultores hablan de los efectos positivos de la reforma y destacan que las ayudas a la comunidad autónoma se incrementaran para el sector lácteo en el periodo 2015-2020. La oposición política y otros sindicatos agrarios discrepan de estos cálculos y demandan medidas para que los sectores lácteo y vacuno de carne no se vean perjudicados, ya que por lo de ahora percibían los pagos directos por derechos de producción y la nueva PAC prioriza estas ayudas en función de la superficie. Este factor no favorece a las explotaciones gallegas, de escasa extensión.

En lo tocante a las ayudas acopladas, en el caso gallego el incremento de las cuantías económicas deberían destinarse al vacuno de leche y de carne, por su carácter estratégico. La desaparición de las cuotas lácteas en abril de 2015 incidirá en el proceso de adaptación de los ganaderos.

Las subvenciones para Desarrollo Rural pueden ser una herramienta para potenciar el papel de los ganaderos en el mercado. La creación de Organizaciones de Productores reforzaría la posición de estos en la cadena agroalimentaria.

La definición de agricultor activo marca la asignación de esas ayudas directas concedidas por Bruselas, que constituyen el primero piar de la PAC. La UE pretende eliminar así a los perceptores ajenos la actividad agroganadera y reduce su número. Considera agricultor activo al profesional con un 20% de sus ingresos procedentes de la agricultura.

ACORDO MALO E DESFAVORABLE
por FRANCISCO SINEIRO,
profesor de Economía Aplicada da USC
O ACORDO do Ministerio de Agricultura e as Comunidades Autónomas para a aplicación da Política Agraria Común en España é malo desde o tres puntos de vista produtivo, social e territorial. Lamento que a Xunta apoiase este acordo que é desfavorable para o noso sector agrario. A reforma da PAC aprobada o ano pasado daba unha marxe ampla aos Estados para realizar a aplicación máis axeitada á súa situación, que en España se desaproveitou ao favorecer o mantemento da distribución anterior das axudas que é moi desigual entre producións, agricultores e territorios.

Este acordo non é bo desde o punto de vista produtivo perdendo a oportunidade de obter un maior apoio ás gandarías de leite e carne, que deberían ter unha mellora importante no importe das axudas para facer fronte ao aumento nos prezos dos pensos e tamén ao novo escenario sen cotas no leite. Deste xeito vanse a manter as elevadas diferenzas existentes entre producións: no cereais as axudas equivalían a case o 60% da renda, unas tres veces máis que no leite. Era posible corrixir en parte esta situación, tal como vai facer Francia traspasando parte do importe das producións en mellor situación de mercado como os cereais ás gandeiras.

O acordo tamén é malo socialmente pois vai manter as elevadas diferenzas existentes entre agricultores no cobro das axudas e o que é máis grave, que as sigan percibindo quen xa non son agricultores ou ben empresas ou persoas cunhas rendas elevadas que apenas dependen da agricultura. En España un 80% dos agricultores percibe só unha quinta do importe total, mentres que o 2% que cobra máis de 50 mil euros obtén algo máis do 20% (uns mil millóns de euros anuais); e o importe cobrado por un agricultor en Galicia é un 40% inferior á media en España.

Non é comprensible que poidan percibir axudas quen non son agricultores ou teñen unha mínima dependencia da agricultura. Un estudo do propio Ministerio indica que un 40% dos beneficiarios das axudas están teóricamente xubilados por superar os 65 anos. Por conseguinte os censos terían que ser actualizados cos seus sucesores ou dados de baixa en caso contrario. Tamén vai existir unha falta de control sobre os ingresos dos beneficiarios que permita garantir que unha parte significativa deles provén da agricultura. Segundo algúns expertos unha aplicación axeitada destes dous requisitos permitiría a redistribución dunha cantidade superior aos 800 millóns anuais de euros en España da que poderían saír beneficiados a práctica totalidade dos agricultores galegos. Pola contra, o requisito esixido segundo o acordo adoptado vai ter un impacto moi limitado, posto que van poder seguir cobrando as axudas quen poida xustificar uns ingresos agrarios equivalentes á quinta parte da axuda recibida e manteña as terras nun estado que non pareza totalmente abandonado. Deste xeito seguirán existindo os «caza primas», pois xustificar uns ingresos de 2.000 euros para poder cobrar 10.000 en axudas non vai ser difícil, aínda que socialmente resulte escandaloso.

O acordo tamén é malo desde o punto de vista territorial, xa que vai continuar existindo un menor apoio dos fondos europeos á agricultura galega. O importe das axudas recibidas en Galicia equivale a só un 3% do total de España cando o peso dos nosos agricultores e da produción agraria é xusto o dobre. Os fondos recibidos para o desenvolvemento rural, importantes tanto para apoiar os investimentos nas explotacións como novas actividades económicas no medio rural non gardan relación co status de Galicia nos fondos estruturais. E contrariamente ao afirmado pola Xunta os fondos de desenvolvemento rural para o próximos seis anos serán uns 300 millóns de euros menos que no período anterior; aínda que a achega de fondos europeos teña un importe similar, vanse a reducir de modo considerable os importes do Ministerio e da Xunta.

A NOVA PAC 2014-2020
por XOAN PEREZ SÁNCHEZ-OROZCO,
secretario técnico de Xóvenes Agricultores.

OS PRINCIPIOS da Política Agraria Común están fundamentados nun compromiso mutuo entre a sociedade e os produtores agrarios. Consiste basicamente en que produzamos alimentos sans, salubres e de alta calidade, a uns prezos alcanzables para a ampla maioría da poboación, a cambio dunhas axudas que mitiguen o alto custo de producir cuns requisitos moi esixentes en ámbitos coma o da saúde, calidade, benestar animal, conservación do medio ambiente, etc, que moitos dos nosos competidores no mercado global non están obrigados a cumprir.

As propostas iniciais de Bruxelas, coa posible aplicación da converxencia de axudas entre explotacións e países, determinadas condicións en canto a superficies, ou requisitos medioambientais amparados baixo o burócrata termo de «greening», facían temernos o peor escenario para as explotacións galegas.

Finalmente, nas reunións entre Ministros europeos coa acertada intervención de Arias Cañete e o seu equipo, puideron corrixirse ou minimizarse cuestións que eran moi lesivas para os nosos intereses como, por exemplo, a denominada taxa plana, que de aplicarse, suporía unha redución do 30 % de axudas para os agricultores e gandeiros galegos.

Así pois, España mantén niveis orzamentarios similares á etapa anterior, con 47.000 millóns de euros para o período 2015-2020. Recentemente pechouse tamén a nivel nacional o Acordo Sectorial entre as diferentes Comunidades Autónomas e o Ministerio de Agricultura.

Galicia pode resultar beneficiada coa aplicación da nova PAC. O sector gandeiro terá carácter prioritario. O sector lácteo recibirá 93 millóns de euros adicionais nos 5 anos para o vulnerable sector lácteo, o que supón 33 millóns mais que na etapa anterior, facilitando a adaptación de cara ao próximo escenario da desaparición das cotas lácteas.

O sector vacún de carne tamén sae reforzado xa que mantén acopladas as axudas á vaca nodriza e aos tenreiros de engorde, coa vantaxe para Galicia de que a partir do 2015, unha parte dos pagos efectuarase en función do número real de vacas, e non dos dereitos históricos.

A definición de Agricultor Activo e Actividade Agraria fará que a partir de agora non poderán serán perceptores de axudas aqueles que non demostren claramente que exercen a actividade agraria, ben sexa agrícola ou gandeira.

E respecto ao Desenvolvemento Rural, Galicia incrementa a cuantía da axudas, cun orzamento de 890 millóns de euros, o 11 % do total nacional. Este presuposto ten que servir par aumentar a competitividade das nosas explotacións, mellorando en tecnoloxía, formación, innovación e valorización de produtos a través da diferenciación.

A instalación de emprendedores mozos no rural ten que ser tamén un dos obxectivos. O sector agroalimentario e os novos mercados abren múltiples posibilidades. Para elo son necesarias cambiar estruturas obsoletas e asentar novas tecnoloxías.

Será preciso traballar agora para que en Galicia, cando se definan as novas comarcas agrarias, non se produzan trasvases importantes de axudas entre explotacións, conseguindo que individualmente manteñan tamén niveis de axudas coma mínimo similares aos que xa viñan percibindo anteriormente.

En resumo, ábrese un novo escenario que Galicia debe saber aproveitar.

A nova PAC aposta polo uso agrario do territorio, ligando as axudas á superficie realmente dedicada á producións agrícolas ou gandeiras.

Os produtores deben afianzar o seu nivel de axudas e adaptarse ás novas circunstancias, pero pensando xa no seguinte horizonte mais alá do 2020, onde fundamentalmente serán os mercados os que marquen o camiño a seguir.

AS OPP SON A PRIORIDADES
por HIGINIO MOUGÁN,
xerente da Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (Agaca)

CADA VEZ QUE que se aborda unha reforma da PAC, móntase unha feira de declaracións de marcado cariz partidista na que perdemos a perspectiva e esquecemos o que todos, a veces por unanimidade, diciamos cando nos enfrontábamos aos graves problemas dos nosos subsectores claves (vacún de leite e carne).

Os ingresos dos nosos gandeiros proceden maioritariamente da venda do leite, e por tanto, do mercado. Ben é certo que hai uns ingresos que proveñen directamente da PAC: uns mediante o pago único e outros, fundamentalmente, mediante as axudas aos plans de mellora nas explotacións. Os ingresos xerados polos dos mercados sitúanse no contorno do 80% do total e terán un peso maior no futuro.

Quixera rememorar as análises que grupos de opinión e administracións facían na gran crise do sector en 2009 e poñelos en relación coa reforma da PAC. Sindicatos e Agaca reivindicabamos mecanismos que impidan a importación de leite doutros países a un prezo máis baixo do que alí perciben os produtores; a aposta firme polos contratos de aprovisionamento entre produtores e industrias e que as administacións establecesen as ferramentas a fin de fortalecer a ordenación da oferta e a figura das organizacións de produtores. O problema era o noso mercado, sen estruturar nin ordenar.

No Plan Lácteo de 2009, a Xunta falaba da «falta de adecuación da estrutura industrial de Galicia ás necesidades do sector; a excesiva rixidez da cadea de valor do sector do leite líquido envasado; unha inevitable dependencia de factores e decisións que non parten do propio sector lácteo galego e unha insuficiente vertebración, cunha situación onde os criterios da distribución prevalecen de xeito case exclusivo».

O Plan definía un sector produtor desorganizado e unha dependencia total dos mercados, onde a distribución marca a pauta. A comisaria europea de Agricultura, Mariann Fischer, apuntaba naquel ano a necesidade de «redobrar esforzos por asegurar que a cadea de abastecemento funcione de maneira eficaz dende o campo ata a mesa». Dicía que debería reforzarse «a posición negociadora dos agricultores -mediante, por exemplo, a creación de Organizacións de Produtores (OPs)- sen prexuízo da observancia das regras de competencia leal. Esas medidas poden enmarcarse na política de desenvolvemento rural e no contexto da PAC posterior a 2013».

A PAC para o período 2015/2020 apoia aos agricultores agrupados en Organizacións de Produtores, a través de cooperativas, para concentrar a oferta e facela máis competitiva. A PAC, máis aló de compensar rendas, debe mellorar as estruturas de comercialización dos gandeiros.

Unha parte importante da reforma da PAC son os pagos directos, dos que non se saberá en detalle nin o sistema concreto de reparto, nin as axudas medias por comarcas agrarias, nin os casos concretos de converxencia dos pagos, ata dentro de varios meses. Tamén deben definirse as axudas asociadas, que xogan un papel vital no sector lácteo e deben vincularse co asociacionismo dos produtores nas OPs. Na reforma da PAC, a Comisión aborda o problema dos mercados mediante as OPs. Dende Agaca solicitamos un apoio real á integración de cooperativas e á integración dos gandeiros non asociados a través dos fondos de Desenvolvemento Rural coa pretendida misión de ordenar e estruturar ó sector.

A partir do 1 de abril de 2015 desaparece o sistema de cotas lácteas. Isto deixará un mercado máis volátil, aberto ás producións do Norte da UE; con máis posibilidades de ver intervido o pequeno mercado de leite de España polos produtores organizados dos grandes países lácteos. O produtor galego está sen capacidade de negociación e de pacto de prezos, sen alternativas comercializadoras fronte a unha industria que transforma produtos de escaso valor engadido e á gran distribución todopoderosa que desequilibra calquera relación mercantil na cadea de valor.

Para abordar o desequilibrio na cadea de valor do leite e do vacún de carne, debemos orientar as axudas da PAC para organizar e estruturar aos produtores, e a figura que nos permite facelo son as OPs. Agaca aposta por unha agricultura e gandería orientada ao mercado, que favoreza e posibilite a concentración da oferta, imprescindible para sobrevivir.

Podemos acadar maiores axudas directas para os gandeiros, pero despois non nos lamentemos de que a industria e distribución as desconten ao día seguinte do prezo do leite ou da carne xerando o caos nos mercados, como pasou. É o momento de reclamar e concretar apoios de cara á organización e á concentración da oferta, antes de que o mercado nos empurre de cara a outra crise. É o momento de que todos demandemos aos representantes do Ministerio e da Consellería do Medio Rural unha Lei de Integración Cooperativa que apoie con fondos orzamentarios suficientes dita concentración da oferta. Sexamos coherentes, ou acadamos peso no mercado da carne e do leite, ou estamos perdidos.

Comentarios