Lourenzá lembrou cunha misa e unha ofrenda a Fernández del Riego

Misa de homenaxe na igrexa do mosteiro de San Salvador. JOSÉ Mª ÁLVEZ
photo_camera Misa de homenaxe na igrexa do mosteiro de San Salvador. JOSÉ Mª ÁLVEZ

Lourenzá lembrou onte a figura dun dos seus persoeiros máis ilustres: o galeguista Francisco Fernández del Riego o día no que se cumpriron cen anos do seu nacemento na localidade. Os actos, organizados polo Concello, consistiron nunha misa seguida dunha ofrenda floral no busto que o recorda na Praza do Conde Santo e a proxección do documental ‘Pegadas na memoria’. Ós actos asistieron membros da corporación municipal -concelleiros do goberno e da oposición- encabezados pola alcaldesa, Emma Álvarez Chao, ademáis da delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e o deputado provincial, Alfredo Llano. Xunto a eles, algunhas ducias de laurentinos tamén quixeron recordar a figura dun home que levou o nome de Lourenzá por Galicia adiante.

Os presentes na homenaxe fixeron fincapé no seu amor por Galicia e polo idioma galego. O párroco laurentino, que sempre oficia as eucaristías en galego, fixo unha homilía na que comparou a palabra de Xesús coa de Del Riego e mesmo lembrou que o seu apelido era inicialmente Do Rego, «pero a presión diglósica transformouno». Don Xosé definiu a Paco del Riego como «un home de palabra» e como unha persoa que «xunto coa súa xeración loitou para que a situación idiomática de Galicia se recuperase das agresións e trinta anos despois a lei voltou a debilitar esta situación».

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios