''Los monfortinos no quieren ser lucenses, sino orensanos''

O tigre da Deputación (Ilustración: VINICIUS)
O tigre da Deputación (Ilustración: VINICIUS)

Los monfortinos no quieren ser lucenses, sino orensanos. Cuando menos se piense, se alzará un estandarte con el puente, el castillo y el armado león orensano, y por el revisor del primer tren descendente los monfortinos mandarán un recado a Lugo diciendo que acaban de quebrantar su esclavitud y que les borren del censo de la provincia.

Wenceslao Fernández Flórez / Monforte de Lemos

No es Villalba, bien que lo siento yo que tanto la quiero, una villa que se caracterice por su constancia, por su tenacidad, cuando se trata de fundar, incrementar o conservar cualesquiera obras, sean del tipo que sean. Es decir, «senga lo que sengare» -como gustaba de escribir el ínclito Mariano de Cavia-, Villalba se cansa pronto, desiste, renuncia, se rinde a la menor dificultad. Recordemos, por vía de ejemplo, las dos bandas de música, el Centro de Artesanos, la Sociedad Antoniana, el Ateneo. Todo desaparecido. Villalba es un cometa crinito. Se presenta, brilla, deslumbra a los espectadores... Y se va. «Niño feito, pega morta», dice un refrán gallego que muy bien podríamos aplicar a la Villa del Amanecer. Un momento de entusiasmo, fiebre alta, viento fuerte. Se alcanzan o se cree haber alcanzado los fines previstos y «ahí queda eso». A morir.

Xosé Luis García Mato / Vilalba

Ribanova no es una novela. Ribanova levanta su apiñado caserío a orillas del Nova. Allí va José Luis a pasar el verano. José Luis observa, inquiere, descubre noticias interesantes sobre la historia de la villa, trata a las principales figuras locales, rinde pleitesía a los encantiños ribeirianos, se suscribe al Eco y a La Voz, los dos batalladores semanarios, asiste a una «lodrobada» con media docena de amigos, recibe la visita del coadjutor de Villasol, el más cumplido de los clérigos de la diócesis monledense, cultiva la amistad de los Canegos, marineros de la ría, curiosea en las playas con infracción de las severas ordenanzas del Ayudante, procura mantenerse a respetuosa distancia de las viejas del campo de San Rosendo, admira el gran casino villasolano y el gran cementerio de Ribanova...

Leopoldo Calvo Sotelo / Ribadeo

Todas las ciudades pequeñas de que hablo son un poco mi ciudad por muy diferentes que sean. Tanto me da que sea una ciudad griega a donde llega Ulises o una ciudad de Bretaña, donde llega el sochantre con las ánimas; todas las ciudades son un poco mi ciudad.

Álvaro Cunqueiro / Mondoñedo

Navia é unha pequena, pero fermosa, vila de ribeira atravesada polas augas dun non menos fermoso río (o Navia), río ao que se cingue como anel ao dedo dunha belida dama unha lanzal ponte de inspiración romana, río que flúe sereno ao seu paso porque se sabe gardado pola nobreza maltratada dun medieval castelo; se non a coñecedes, visitádea, paga a pena.

Toño Núñez / Vilameixide / Navia de Suarna

En Chantada quizás estuviese bien una Rúa dos Gaiteiros de Soutelo de Montes, en memoria de aquella inolvidable agrupación folklórica que interpretaba la hermosa ‘Muiñeira de Chantada’. Como en Lugo estaría muy bien una Rúa da Negra Sombra o una Rúa de Cantigas e Aturuxos, pero está visto que no se distinguen por su imaginación los encargados de la rotulación vial.

Ánxel Fole / Chantada

Deixamos o Condado do Ortegal pasando á foz do Sor pola ponte de ferro, a que se fixo en Barcelona segundo os planos do enxeñeiro Van der Eiden, un belga que casou en Viveiro cunha rapaza das de Osorio. A estrada nova vai pola beira do mar, mellora moito o vello camiño real que polo Couzadoiro e Pontesegade se achega a Viveiro polo monte, para non ter que pasar a barca no Barqueiro; por aló foron as tropas da francesada do coronel Frení e mais don Jorgito Borrow, o inglés das biblias.

Fausto Galdo / Viveiro

Os cincocentos metros asfaltados da Pontenova, a súa praza de terra onde se facían os mercados, con rosquillas a perra gorda, a ponte desde onde tirabamos pedras ao río e mirabamos pasar a troitas e anguilas, os fornos, e como non, a locomotora de carbón e o profundo e negro pozo da ola, onde en verán o usabamos de praia.

Ramón Cancio Ginzo /A Pontenova

Bretoña debe ser o meu segundo sitio de nacencia. Nacín outra vez alí. Bretoña é distinto. Eu sosteño que a xente ten algún xene dos bretóns que chegaron alí. Bretóns non da Bretaña, senón británicos. É unha xente moitísimo máis aberta, máis decidida, máis botada para adiante. Alí houbo cooperativas, fábricas de pienso, os primeiros tanques de frío que se montaron, a concentración parcelaria.

Paco Martín / Bretoña

Castro era unha vila diferente ao resto das lucenses xa a comezos de século, con electricidade, unha notaría, dous médicos e moitos máis servizos. Ten Pescado na entrada e o Quevedo na saída. (O Pescado era un panadeiro, e Quevedo, un labrador).

Xosé Trapero Pardo / Castro de Ribeiras de Lea

Se pecho os ollos, estou aló, pero non é exactamente Galicia, senón unha parte da miña infancia imaxinada nun lugar preciso: a curva que fai o camiño de Meira a Piñeiro, na provincia de Lugo, o lugar onde, de neno, a paisaxe se dirixiu a min por primeira vez.

Miguel Anxo Murado / Meira

En Xermade algunas cosas cambiaron por agregación y otras por sustracción. Por agregación se hizo de la capital del ayuntamiento un pequeño núcleo urbano cuando hace 40 años había 3 o 4 casas: la casa de Pita, la casa del Ayuntamiento, la casa de Guizán, la casa del Secretario y la del médico (Don Jaime). Eso fue avanzando hasta que el Ayuntamiento comenzó a ser una entidad administrativa con una pequeña capitalidad. Eso es un cambio bastante notable.

Ramón Vilares / Xermade

Á vila presidíaa a arquitectura do vello mosteiro. A fachada da igrexa deseñáraa Casas e Novoa, autor da do Obradoiro de Compostela. No interior do templo conservábanse fermosos retábulos, realizados por sonados escultores do tempo barroco. Paralelo a el curvábase a alameda, cun xardín no centro, arrodeada por unha ringuileira de lamigueiros. Pola fronte, o cantón laxeado, tamén con xardín ao pé da antiga cámara abadenga, convertida en sé do Concello.

Francisco Fernández del Riego / Vilanova de Lourenzá

Cando iamos a Castroverde, ata tiñamos vergoña, porque os de Castroverde eran así, como máis señoritos. Entón subiamos a costa que hai que subir vindo de Bolaño e xa aparecía algún deles a chamarnos cen cousas. Nós eramos máis cobardes, como se fosemos doutra categoría máis baixa, ou nós críamos que estábamos máis atontados. Non sei.

Ramona Nogueira Cortés / Bolaño / Castroverde

Antoloxía da Memoria de Lugo:El Progreso: Luns, mércores e sábados.TeleLugo: Martes, ás 22.00 horas. Reemisión diaria. Dirección: José de Cora. Imaxe: Memé Díaz. Ilustracións: Vinicius.

Comentarios