Lores: "O problema da oposición é de proxecto, non de candidatos"

El alcalde de Pontevedra y candidato del BNG a la Alcaldía ha charlado con los lectores, consulta sus respuestas

Miguel Anxo Fernández Lores, candidato del BNG a la Alcaldía, charla con los lectores e internautas de Diario de Pontevedra. 

►(Nito Gil Lago) Mi pregunta es sobre la Sogama del Sur. ¿Cee usted que se puede montar una planta de compost cerca de unos manantiais de auga e preto das casas? Non é mello poñela nun polígono?

-Nin preto de ningún manantial nin preto de ningunha casa. Non se vai colocar en ningún sitio desos. Vanse tomar todas as medidas necesarias para que non haxa ningunha contaminación.

►(Moisés Rivadulla) Parabéns pola xestión. Cre que o proxecto do compostaxe é extrapolable ó resto do país?

-Ningunha cousa é directamente extrapolable, nin sequera o modelo urbano. Si creo que a recuperación da materia orgánica é razonable e de obrigado cumprimento que se recupere nun prazo máximo de catro ou cinco anos. Non só é convinte que se fagan máis plantas de compostaxe senón que vai ser imprescindible facelas.

►(Sebastián Ameal Núñez) Gústame disfrutar deses badéns e deses baches, que xunto coas miles de rotondas fan que pase un día agradable aparcando lonxe ou nos aparcamentos privados

-Parou vostede a pensar que estes obstáculos están feitos para salvar vidas? Que aínda que só salvasemos unha vida por ano xa valería a pena facelo e se ademais con iso dimnuímos os accidentes graves e permitimos que todas as persoas, especialmente as máis débiles, poidan disfrutar con seguridade do espazo público, estas medidas resultan absolutamente imprescindibles e probablemente no futuro sexan xeneralizadas en todos os espazos urbanos. Son o futuro.

►(Paco López) Pontevedra é unha cidade cunha boa calidade de vida, pero non cre que fai falla unha nova residencia para a terceira idade?

-Probablemente si. Por desgraza quedamos sen o asilo, pero tamén hai que dicir que non depende do Concello.

►(Pepe de Campolongo) Que vai pasar co hospital? Seguirá pedindo a ampliación dun edificio enfermo coma Montecelo ou apostará por un centro hospitalario novo?

-Quen está enferma é a sanidade pública. O edificio de Montecelo está recén renovado e consideramos máis económico e máis sustantable amplialo na mesma ubicación que non destrozar outro monte e gastar unha cifra esaxerada en novos servizos innecesarios e moito menos privatizar a xestión da sanidae pública.

►(Xurxo de Sacos) Pensa que os seus rivais lle están poñendo as cousas demasiado doadas? Que pasaría se PP e PSOE tivesen candidatos con máis pegada?

-Non é un problema de candidatos, senón de proxectos políticos e sobre todo de amor a Pontevedra e tamén de traballar en favor do interese xeral.

►(Follonero) ¿No le parece incongruente que opte usted a su vigésimo año de mandato cuando usted mismo acusó a Fraga de perpetuarse en el poder?

-Non me lembro eu de acusar a Fraga de semellante cousa nin creo que ese sexa un argumento válido en política. Mentras haxa proxectos, ideas, ganas de traballar e sobre todo o aval dos veciños e veciñas considero que ademais non só é bo, senón que é razonable a capacidade de xestión e o coñecemento da administración de moitas persoas. Esto sería aplicable a outras actividades e de feito hai actividades nas que se aproveita a experiencia, que é un grao

►(Jorge) ¿Cuándo se van a tromar en serio el problema de los perros sueltos y sin bozal en la ribera del Lérez, Campolongo, Barcelos...? Menos multamóvil y más control de este peligro.

-Eu considero que hai máis perigo por parte dos automóbiles que de algún animal solto, independentemente de que esteamos utilizando todos os mecanismos posible para convencer ás persoas que non teñen un comportamento cívico coas súas mascotas para que non o fagan. En todo caso, cada vez os veciños de Pontevedra son máis cumplidores das normas de boa convivencia.

►(Nikolak) Señor Lores. Lleva en la alcaldía 16 años y durante ellos no ha sido capaz de sacar adelante un nuevo PGOUy no vale la disculpa de echarle a la culpa a la Xunta. ¿Será usted capaz de sacarlo 'do caixón'?

-Sinto contradecilo pero non é así. Nós sacamos adiante un PXOM, probablemente o máis consensuado da historia, con aportacións de todos os sectores e partidos; que foi aprobado por unanimidade polo Pleno da Corporación. Un PXOM que ten tres millóns de metros de novos terreos industriais, que contempla 8.000 novas vivendas no borde do actual núcleo urbano, que incrementa levemente algúns núcleos rurais que consideramos necesarios, que reserva terrros para outros usos agrarios e forestais, que cataloga como espacio marítimo terrestre a ubicación de Ence Elnosa, que contempla unha cidade compacta, de multiplicidade de usos, con novos equipamentos públicos no urbano e no rural e que prevé dar contnuidade ó modelo que tantos premios está conseguindo a nivel internacional. A lexislación urbanística restrictiva, o empeño do PP de manter Ence na ría de Pontevedra, así como o empeño de construír un hospital provada en Monte Carrasco e a negativa a ampliar os terreos industriais, a reducir os núcleos rurais e a edificabilidade existente, fíxomos deixalo en stand by porque non podemos aprobar un planeamento que signifique un retroceso para Pontevedra.

►(Patricia) Son namorada de Pontevedra desde hai moito, pero empadroada desde febreiro. Como é que non podo votalo aínda? Non vai moi lento o papeleo?

-Pois se é así, si que o é. Moito o lamento por vostede e por Pontevedra.

►(José Antonio Puente) ¿Qué proyectos tiene para el barrio de A Parda?

-Probalemente o máis importante é resolver definitivamente a posta en valor dos terreos de detrás da estación do tren e colindantes cos novos xulgados, onde queremos facer unha zona de esparcemente, lecer e deportiva, cun pavillón alternativo ó municipal e que atenda á zona sur da cidade, ademáis de rematar as piscinas públicas ó aire libre. Na medida en que a situación económica o permita, queremos desenvolver o terreo que conectaría Xoán Carlos I co Marco, dando continuidade a esta importante avenida, ademais de conseguir novos equipamentos na zona.

►(Juan José Esperón) Como ves a situación das parroquias? Coñeces o problema que temos en Cerponzóns, no lugar de Tilve-Rons? Que solución darías a este lugar cunha ponte do século XVIII totalmente abandoada polas administracións, a falla de beirarrúas, sen recollida de pluviais e perigosa?

-Se fora de competencia municipal, que non o é, como resolvemos estes problemas alá onde podemos: con medidas de seguridade viaria, de recuperación do patrimonio, de calmado do tráfico se fose necesario.

►(Mareado) César Portela, apoio da Marea, queixouse de que non consensuaban demasiado cos veciños. Teñen previsto deixar de facelo ou seguirán na mesma liña?

-Eu con todos os respectos discrepo desa opinión. Probablemente ningún goberno da historia de Pontevedra realizou unha xestión tan participativa. O noso desexo para o futuro é incrementar o máximo posible a democracia directa, entre outras cousas porque consideramos que cando os proxectos son consensuados e participados dan maios resultado socialmente e son máis fáciles de executar.

►(Raquel) Que argumentos ten para defender a A-57, que é unha circunvalación para Pontevedra e que vai de Vilaboa a A Ermida sen entradas nin saídas á cidade?

-Queremos unha vía libre de peaxe de alta capacidade alternativa á AP-9 que vertebre os polígonos industriais de Barro-Meis, o porto de Vilagarcía e O Campiño-A Reigosa co sur da provincia. Desde o noso punto de vista que vaia cara O Porriño e a Meseta, coa A-52. Preferimos esta alternativa que a ampliación de Rande porque é unha segunda alternativa. non podemos depender de que pase calquera cousa en rande que nos deixe incomunicados. A terceira cuestión e igual de importante é eliminar os tráficos pesados que entran na cidade polo Marco e que masifican a antiga estrada N-550, que cada vez é máis urbana e polo tanto incompatible con este tipo de tráficos.

Comentarios