'Lola' llama la atención

Asistentes á xornada de proxección de 'Lola', de Alfredo Pardo, de escuro e con gafas (Foto: EP)
photo_camera Asistentes á xornada de proxección de 'Lola', de Alfredo Pardo, de escuro e con gafas (Foto: EP)

‘Lola’ é unha curtamertraxe do chantadino Alfredo Pardo producida por Chantada Filmes, que foi rematada con moita esforzo hai xa un ano e que despois de pasala nas xornadas de cine da vila, celebradas no verán, hai uns días foi vista no Círculo Saviñao, visionado que deu lugar a un coloquio onde quedou patente que ‘Lola’ non deixa indiferente a ninguén: chama a atención e desperta os sentidos. Para Alfredo, todo un éxito que espera continúe nos próximos meses porque é agora cando a curta empezará a rular ante os ollos dos expertos que van ós festivais ou xornadas onde pode conseguir máis pulo.

Alfredo Pardo afronta con certa ilusión o novo paso para que a cinta teña repercusión, aínda que «a cousa está moi mal porque cada vez hai menos xornadas, festivais ou encontros onde podas expoñer o teu traballo. A crise afecta especialmente á actividade cultural e máis aínda ó audiovisual», indica.

Aínda así, xa ten apuntadas varias citas na axenda. Cando a repasa recupera a ilusión. «A curta xa estivo nas XII Xornadas de Curtametraxes do Ateneo de Ferrol con gran resposta da xente. Góstalles a historia e a produción. Tamén agora temos ahí ás portas a asistencia a un festival que celebrará un colectivo cultural por primeira vez na Coruña chamado ‘Por amor al arte’», añade y cita también que ‘Lola’ estará en el Centro Galego de Artes da Imaxe, ubicado en A Coruña, donde se fará unha presentación especial a mediados do próximo mes.

Pardo tamén desvelou que Chantada Filmes estará en la Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo. «Este ano está previsto que estea centrado nas produccións galegas. Entre elas estarán as de Chantada Filmes. Ademais de ‘Lola’ tamén pensamos que poderán proxectarse outras obras nosas como ‘O labirinto ario’ e ‘Grabolis’, pero aínda é moi cedo e estamos en conversas cos organizadores, que nos falaron de esa intención. É unha proposta moi de agradecer sobre todo nestes tempos de crise, onde as saídas son poucas incluso simplemente para dar a coñecer o teu traballo».

Alfredo Pardo recuerda que ‘Lola’ é unha adaptación dun cómic del francés Max Cabanes, no que a protagonista, filla duns xornaleiros, descubre o amor cun granxeiro adolescente.

Na obra francesa, a protagonistas é ‘Roberta’, pero a do filme chantadino pasa a ser ‘Lola’. Por suposto, aínda que mantén a trama, desenvólvese en Chantada, «co noso selo Rural Undreground», remarcou.

Comentarios