''Levo milleiros de obras vendidas, a maioría orixinais''

Cantas obras pode levar vendidas?

Milleiros. Non podo contar. Procurei sempre non repetir obras, se non son series limitadas, pola necesidade creativa e para que o día de mañá non se vexan dúas iguales, que sean orixinais, que eso tamén ten un valor. Pero tamén fixen series en bronce e en cerámica e diseñei pezas para vender eu aquí con Sargadelos.

Moitos falaron do seu estilo e incluso Manuel María lle adicou unhas letras.

Tamén Neira Vilas e o poema de Manuel Marías téñoo no museo, do seu puño e letra, como o dun mexicano que veu e me deixou uns versos. É unha satisfacción ver que os poetas tamén se acorden da arte plástica e da miña persoa, claro.

Como definiría a súa obra?

A humanidade e a espiritualidade son o fundamental.

Traballa con pedra, madeira, marfil, bronce... Con cal disfruta máis?

Son técnicas diferentes pero coa que máis disfruto é coa madeira, porque ten un perfume ao traballala.

E con que madeiras traballa habitualmente?

Castiñeiro, carballo, buxo, teixo, uz, freixo, entre outras. Tamén a nogueira, a cerdeira...

Visualiza a figura antes de facela ou vaise xerando paso a paso?

Normalmente a obra hai que vela coa mente antes de facela.

Costa moito desprenderse das obras?

Cando empecei si que costaba porque sempre me parecía que non ía facer outra obra mellor (sorrí). Co tempo, cantas máis fas, máis normal é desfacerse delas, porque ademais tamén é bonito pensar que tes esculturas por medio mundo. Tamén pinto a óleo e a acuarela e fago poesía, outras formas de transmitir a arte.

E vendeu pinturas?

Nunca as quixen vender. Teño unha serie no museo.

Á hora da venda das pezas, que pesa máis? Os encargos ou a propia creación?

As dúas. Hai xente que quere algo moi persoal e xente que se enamora das obras tal e como están, das que están feitas. Como flechazos.

Cal é o comprador habitual?

Vaise perdendo bastante, porque está a parte económica. Gusta a obra pero hai poucos cartos. Pero compradores, sempre houbo de todo. Teño clientes que teñen 15 ou 20 obras miñas, coleccionistas e xente que merca arte para a súa familia.

Comentarios