As Letras Galegas marcan o pulso da Mariña

Arriba, o Correlingua de Viveiro. Sobre estas liñas, Marica Campo no Gregorio Sanz.  Lectura de poemas en Boimente e deliberación do xurado en Alfoz (Foto: José Mª Álvez/C.L.F./AMA)
photo_camera Arriba, o Correlingua de Viveiro. Sobre estas liñas, Marica Campo no Gregorio Sanz. Lectura de poemas en Boimente e deliberación do xurado en Alfoz (Foto: José Mª Álvez/C.L.F./AMA)

A celebración do Día das Letras Galegas empezou antes en localidades como Viveiro, onde un milleiro de nenos e mozos participaron no Correlingua, organizado pola Mesa pola Normalización Lingüística e polos departamentos dos centros educativos.

A carreira rematou na Praza Maior, onde algúns dos participantes leron un manifesto reivindicativo do uso da lingua galega. «Buscamos persoas que estean orgullosas do idioma da súa terra, que non teñan medo a falalo. Buscamos que as fronteiras de Galiza as poña o galego», lían os rapaces. Logo veu a música, a cargo do gañador da última edición do Cantalingua, Xenderal, que fixo bailar a todos os asistentes co seu hiphop pegadizo, por suposto, en galego, demostrando que o idioma da terra vale para todo tipo de ritmos. O Correlingua foi pola mañá e pola tarde houbo un acto de lectura do manifesto ‘Vitaminas para o galego’ na Praza Maior, ademais da representación teatral ‘Pelos na lingua’, a cargo do da compañía Talía, no Pastor Díaz.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios