Lembra que o famoso zapatazo do 93 deu a volta ao mundo

Lembra que o famoso zapatazo do 93 deu a volta ao mundo Da longa etapa parlamentaria de Beiras (1985-2005), unha das súas imaxes máis coñecidas é o zapatazo co que protestou en 1993 contra a imposición do PP sobre o regulamento da Cámara.

Malia sinalar que “é unha redución á caricatura da miña personalidade na política”, non lle molesta que llo lembren. “Aquilo deu a volta ao mundo”, evoca, tras destacar que o importante é que non foi interpretado como o xesto dun “histrión”, senón que “a xente viu que o Beiras era o tío que estaba a dar o callo”. De feito, zoqueiros enviáronlle un amplo surtido de zocas, coa mensaxe “Para que a próxima vez pete con estes, que son de pau”. “Teño algúns aínda”, apunta.

Cos ollos na actualidade, cre que agora o Parlamento é “unha parodia”. “Antes había persoas cun nivel moi bo e os debates eran debates, non utilizaban o libro de citas de Mark Twain”, di. Lembra de xeito especial a José Luis Barreiro Rivas. “É un demócrata”, cualificativo que non outorga a Feijóo, “que non ten de demócrata nin o betún dos zapatos”.

A Fraga lémbrao como “un virrei enviado á colonia que sacrificaba todo polo eu, eu, eu”. Respecto á súa propia saída do primeiro plano da política, o nacionalista critica “non houbo escrúpulos” para “inventar unha operación de acoso” con aquilo de “somos opción de Goberno e se o Beiras non é controlable...”

Comentarios