miércoles. 23.10.2019 |
El tiempo
miércoles. 23.10.2019
El tiempo

Leite

As máis das veces fico desconcertada no supermercado. Ducias de marcas de leite ollan para min cos seus cartóns escintilantes e eu víroos e revíroos tentando buscar algún dato que me indique a súa procedencia. Non me conformo con saber onde se envasa o leite. Quero saber a orixe das vacas das que foi extraído.

Quero levar conta da trazabilidade do produto, quero saber qué como e, tamén, as condicións dos traballadores que mo proporcionan. Pero, polo de agora, aos consumidores négannos ese dereito. A proposta da Xunta de crear unha marca de leite de Galicia podería axudar, como así o fan as etiquetas Galicia Calidade ou Tenreira Galega, pero non resulta suficiente para deter a pegada das cisternas procedentes de Francia. A defensa do sector lácteo galego é a defensa dun piar fundamental do noso rural e da calidade alimentaria fronte ás directrices do capital transnacional.
 
Neste tempo en que os anuncios dos partidos políticos de cara ás eleccións europeas turran en nos lembrar a nosa europeidade, penso nos veciños de Outeiro de Rei e da Mariña. Dóeme a situación do sector primario en Europa pero máis me doen os gandeiros de Lugo. Xa ven, nesta era da globalización onde importan os mercados e non as persoas, unha teima en serlles así de parroquiana.

Leite
Comentarios