martes. 17.09.2019 |
El tiempo
martes. 17.09.2019
El tiempo

As leis están para ser interpretadas

(*)

AS LEIS están redactadas para ser interpretadas, que esa é a función do xuíz. Se foran só aplicadas non facería falta ser experto, pero necesítanse especialistas que entendan e interrelacionen lexislacións para ditar sentenzas. De aí que varíe o sentido do fallo segundo o criterio. Dise incluso da Constitución que toda ela é interpretable excepto que os españois poden votar con 18 anos, e atrévome a dicir que incluso isto non é absoluto porque pode haber singularidades. O xuíz Castro acorda non aplicarlle á infanta Cristina a doutrina Botín, que evitaba que o banqueiro daquela presidente do Santander fose procesado ao non haber acusación pública, só particular; igual que pouco despois outro maxistrado decidira recorrer a unha excepción á excepción e xulgar a Atutxa, cando era presidente do Parlamento vasco, por non disolver un grupo abertzale radical. Acabou condenado. Interpretacións.

(*) Se mantiene el idioma original del artículo, publicado en la edición impresa de El Progreso el día 24 de diciembre del 2014

As leis están para ser interpretadas
Comentarios