As comisións de festas teñen neste verán do 2013 a difícil tarefa de organizar actos con presupostos mínimos e que eses actos tiren do público. Teñen que lograr que a xente se achegue ás vilas e cidades galegas para dar folgos ao comercio e a hostalería.
En Monforte o reto quedou a medias e as festas foron das menos concurridas das últimas décadas, a liña descendente é clara. Pola contra, en Chantada colléronlle o punto á receita do éxito. Nos últimos son as asociacións e os grupos de veciños os que asumen a organización e coordinación de actos coma a carreira de carrilanas, as olimpiadas rurais ou o Folión de Carros que se enmarcan nas patronais. Cada ano ese patrón imaxinativo gana pulo fronte a outras propostas máis convencionais. Nas carrilanas había más de 60 vehículos e no Folión, unha quincena de carros. A festa da empanada, que se celebrou no Castro de San Amaro e serviu de peche ás verbenas, foi a máis multitudinaria dos últimos anos.
Consiga AQUÍ la información completa |