martes. 04.08.2020 |
El tiempo
martes. 04.08.2020
El tiempo

La memoria entre los hilos

Trinidad Otero, Eutimia Vázquez, Lourdes Otero y María Mato, en Insua. (C. ARIAS)
Trinidad Otero, Eutimia Vázquez, Lourdes Otero y María Mato, en Insua. (C. ARIAS)

«Tendo fío pódese facer calquera cousa». Arredor desa maxia de deixar á imaxinación o resto, as mulleres da parroquia vilalbesa de Insua organizaron onte a segunda fía, unha cita coa que pretenden afondar na súa loita de recuperar os traballos do liño e unha tradición que o tempo estaba a piques de facer desaparecer.

«É un costume, unha tradición que se vivía en tódalas casas e que se foi perdendo», explica Eutimia Vázquez, que aos seus 74 anos é a máis maior das fiandeiras de Vilalba. «Miña nai traballaba o liño e eu cando era nova roubáballe a roca para fiar e o banco para tascar», rememora. Daquela podería ter dez ou doce anos e o que era unha afección que facía as agachadas converteuse nunha loita na defensa da memoria.

Consiga AQUÍ la información completa

La memoria entre los hilos
Comentarios