La agenda cultural para este fin de semana

VIGO
> Carmen Johns
Unha das máis prometedoras artistas do novo panorama do pop-rock vigués presenta Hello my destiny. Mañá ás 23.00 h. na sala Contrabajo.
LUGO
> Festival de Jazz de Lugo
XXI edición deste certame que pecha mañá no Clavicémbalo con Organic Collective. O festival, que tamén se celebrará no Círculo das Artes e na Casa do Saber, contará hoxe coas actuacións de Dhafer Youssef Quartet, Esther Ovejero Quintet e César Cardoso Quintet.
OURENSE
> Bongo Botrako
Mestura explosiva de estilos a cargo desta banda catalá. Hoxe ás 21.30 h. no Café Cultural Auriense.
SANTIAGO
> Microfest
Novena edición deste festival no que se darán cita hoxe La Puta Opepé, Darmo e Erin (Comando Katana). Mañá tócalle
a quenda a Nach e Sama vs Elecesar. Os concertos comezarán ás 20.30 h.
A CORUÑA
> The Brew
Banda británica de blues e rock. Hoxe a partir das 22.00 h. en Le Club.
VIGO
> Winter Project
Versión de rock a cargo deste cuarteto vigués. Hoxe ás 22.30 h. na sala Contrabajo.
VIGO
> Akron Family + Timber Timbre
O trío estadounidense, mestre do rock heterodoxo e experimentador, subirá ao escenario tras os canadenses Timber Timbre. Hoxe a partir das 23.30 h. en La Iguana Club.
OURENSE
> Capitán Furilo
O grupo interpretará cancións do seu novo traballo discográfico Tercer round. Mañá ás 21.30 h. no Café Cultural Auriense.
VIGO
> To Nowhere + The Nail
Noite de metal a cargo destas dúas bandas. Mañá ás 23.30 h. en La Iguana Club.
FERROL
> Roger de Flor
O músico de Fene actuará con músicos locais de ampla experiencia. Hoxe ás 22.00 h. na sala Super 8.
PONTEVEDRA / A CORUÑA
> The New Raemon
A banda está de xira para presentar o seu novo traballo. Hoxe na sala Karma a partir das 22.00 h. Mañá a actuación será ás 22.00 en Le Club.
A CORUÑA
> Sexy Zebras + Mayday
Na súa primeira actuación na cidade os madrileños estarán acompañados pola banda local Mayday. Hoxe ás
22.00 h. na sala
Mardigras.
PONTEVEDRA
> El columpio asesino
A banda pamplonesa reúne a música electrónica co rock e o punk. Mañá ás 22.00 h. na sala Karma.
A CORUÑA
> Orquestra Sinfónica de Galicia
A orquestra celebra o seu vinte aniversario. Hoxe ás 20.30 h. no Palacio da Ópera.
A CORUÑA
> Semilla para el cambio
Concierto benéfico coa participación de Carlos Childe, Roger de Flor, O Marqués das Vinhas, Pablo Bicho e Nouvelle Cuisine. Mañá a partir das 21.30 h. na sala Mardigras.
OURENSE
> Emilio Rúa ao vivo
O músico interpretará temas de Interior, o seu terceiro traballo discográfico. Mañá ás 20.30 h. no Auditorio
Municipal.
FERROL
> Jorge Luis Prats
O mestre inaugurará mañá a edición número 25 do concurso de piano Cidade de Ferrol, no que participarán 55 mozos de 18 países. O certame comezará ás 20.30 h. no teatro Jofre.
OURENSE
> Lac La Belle
Dúo acústico de Detroit. Hoxe ás 22.30 h. no Café Pop Torgal.
VILAGARCÍA
> Manuel Manquiña
Presenta mañá ás 22.00 h. O Indignado.
OURENSE
> Alicia no país das marabillas
Recreación con monicreques do clásico de Lewis Carrol. O domingo ás 12.00 h. no Auditorio Municipal.
OURENSE
> Carcajada Salvaje
Con Charo López e Javier Gurruchaga. Mañá ás 20.30 h. no Teatro Principal.
VIGO
> Moncho Borrajo
O cómico presenta o espectáculo Golfus Hispanicus. As representacións terán lugar no Auditorio Mar de Vigo, hoxe e mañá ás 22.00 h. e o domingo ás 19.00.
OURENSE
> Sin título domingo
Obra a cargo de Á intemperie Teatro enmarcada dentro da VI Mostra de Teatro Afeccionado. Hoxe ás 20.00 h. na Biblioteca Pública Nodal.
A CORUÑA
> El refugio
Alegato antibelicista coa rapaza Eva como protagonista. Hoxe a partir das 12.00 h. no Forum Metropolitano. Mañá ás 19.00 h.
OURENSE
> El último cowboy
Obra do Teatro do Noroeste que trata o tema da crise. Hoxe ás 20.30 h. no Auditorio Municipal.
VIGO / CEDEIRA
> E.R. (Algún día traballaremos xuntas)
Unha historia sinxela con algunhas sorpresas que atrapa o espectador. Hoxe ás 18.00 h. no Auditorio Municipal. Mañá ás 18.30 h. no Auditorio Municipal.
SANTIAGO
> Marie e as estrelas
Obra da compañía Teatro Buratini. Mañá ás 18.00 h. na Sala Santart.
A CORUÑA
> II Gala Solidaria Tierra de
Hombres
Espectáculo solidario de danza e baile tradicional. Mañá ás 21.00 h. no herculino Teatro Colón.
VIGO
> Konrad, o neno que chegou nunha lata de conservas
Comedia a cargo de Sarabela Teatro. O domingo ás 18.00 h. no Auditorio Municipal.
A CORUÑA
> René Lavand
O ilusionista arxentino é considerado como mestre da lentidixitación. Hoxe ás 20.30 h. no Teatro Rosalía de Castro.
A CORUÑA / SANTIAGO
> Ballet Nacional de Cuba. La Cenicienta
Dirixido por Alicia Alonso. Hoxe ás 20.30 h. no Teatro Colón. Mañá ás 20.30 h. no Auditorio Novacaixagalicia.
VIGO
> Un cranio furado
Obra dirixida por Quico Cadaval. Mañá ás 20.30 h. no Auditorio Novacaixagalicia.
VIGO
> ArtFutura 2011
Continúa a XXI edición do Festival de Cultura e Creatividade Dixital no que se explora o panorama internacional do new media e a cultura dixital. Hoxe e mañá no Marco.
SANTIAGO
> Cineuropa
A 25 edición do festival continúa coa proxección de películas. Toda a fin de semana e ata o 2 de decembro.
PANTÓN
> Volta a Galicia de Automóbiles Clásicos
Os participantes percorrerán diferentes puntos da comunidade. Hoxe e mañá.

Comentarios