Katché mostró la versatilidad de su batería en el Festival de Jazz

Manú Katché amosou no Festival de Jazz a versatilidade da súa batería no concerto que ofreceu no Círculo das Artes de Lugo. A súa creatividade co instrumento brillou no directo e xustificou a longa relación de artistas do pop e do rock, a maiores, dos músicos de jazz aos que acompañou como profesional. A lista inclúe a Sting, Yossou N’Dour, Simple Minds, Dire Straits, The Bee Gees, Tracy Chapman, The Gipsy Kings, Al Dimeola.

Antes de sumar semellante currículo, era un músico de sesión en París. O seu xeito versatil de tocar chamou a atención do baixista de Peter Gabriel, Tony Levin, quen llo recomendou ao seu líder para a gravación de ‘So’, no ano 1986. A súa achega a ese álbum a xeito de particular groove serviu de chamada para ducias de colaboracións con músicos máis destacados dos sons populares contemporáneos. Manu, formado de neno como bailarín e de novo na percusión clásica nun conservatorio, atópase lonxe de ser un batería rudo. Ao contrario, ao ser unha persoa culta e sensible, introduce imaxinativos toques de percusión ás gravacións de rock para crear efectos dinámicos e un abano de texturas sonoras.

Adoita tocar utilizando a técnica ‘thumbs-up’ como percusión africana e en moitas ocasións fai soar golpes de aro sobre os seus timbais. Todo isto crea o seu distintivo e particular son.

O baterista, que non quixo facer declaracións durante o seu paso pola cidade da murallas, subiu ao escenario na compañía de Tore Brungborg, ao saxo; Alfio Origlio, ao piano, e Laurent Vernerey, ao baixo.

MARTES
O Saxo de Lovano para o Ecuador

O saxofón de Joe Lovano soará o martes, no ecuador do festival, ás 20.30 horas no Círculo das Artes de Lugo. O músico chega exhibindo o título de mellor saxofonista tenor do ano pola Jazz Journalist Association, que estendeu a distinción á súa banda, Joe Lovano Us Five, e ao seu disco ‘Folk art’.

David Liebman
O tamén saxo David Liebman uniu a súa habelencia co instrumento á de Lovano a mediados dos anos 90, coa finalidade de manter exultante o espírito de John Coltrane tras o seu pasamento. Ambos os dous forman The Saxophon Summit e a crítica opinou que acadaron ese cumio en 2004 cando gravaron ‘Gathering of spirits’.

Clásica
Lovano achega unha nova visión da música de jazz, adapta a música improvisada e o encanto que gardan as composicións da música clásica.

3 Azoteas
Pablo Pérez, Iago Mouriño e Miguel Queixas actuarán ás 23.30 da noite do martes no Club Clavicémbalo de Lugo. Os integrantes de 3 Azoteas proceden do Conservatorio
da Coruña. O seu jazz bebe do rock e o jazz progresivos, que priorizan a narrativa musical a desenvolver unha progresión harmónica.

Comentarios