CENTROCAMPISTA DO PASTORICENSE

Kanuto conseguiu quitarlle dous puntos ao Pol sobre a bucina

PRIMEIRA GALICIA
PASTORICENSE-KANUTO
photo_camera PASTORICENSE-KANUTO

O Pastoricense deu a sorpresa esta fin de semana ao empatarlle ao Pol no tempo de desconto. Os de Martín Murado perdían 0-1 e quedaron cun menos, pero aguantaron o resultado ata a recta final. Arriscaron subindo máis xente arriba e nunha falta lateral Kanuto deulles o empate a pase de Raúl.