Dianteiro da Comercial

Julio García Piñeiro marcou o dobrete que lle deu a vitoria ao seu equipo contra o Cospeito

SEGUNDA GALICIA NORTE
COMER_JULIO
photo_camera COMER_JULIO
Julio García trouxo a vitoria para a Comercial no duelo que disputou co Cospeito este domingo. O dianteiro lugués, que desfruta da segunda tempada no equipo, rompeu o empate á volta de vestiarios e completou o resultado no desconto co segundo tanto. Con estes tres puntos o seu equipo adianta ao rival na táboa.