Juan Ramil: ''Además de los conciertos habrá sesión vermú, juegos y sorteos''

Ulträqäns é o cabeza de cartel deste encontro, no que asimesmo tocarán Clan Maragato, Muxarega, Xente Nova e O Ghusto do Boi. Esta iniciativa agrada aos veciños da parroquia, que mesmo ceden leiras para a zona de acampada gratuíta. Tamén é de balde o aparcadoiro.

juan ramil e a súa irmá Sabela organizan, xunto coa asociación de veciños Irmáns Vilar Ponte de Bravos, o segundo festival folk Aturuxo logo dun resultado máis que satisfactorio na súa primeira edición. Nesta inclúen novidades, como un taller matinal sobre reciclaxe que impartirá persoal de Sogama e dirixido a xente de tódalas idades, pero ademais haberá xantar a prezos anticrise para os que queiran pasar todo o día en Bravos, unha carpa por se non acompaña o tempo e, ao final da velada, unha repichoca popular.

Non tiveron dúbidas en repetir.

Na primeira edición non sabiamos como iba responder a xente, porque era a primeira vez que se facía algo parecido na zona, pero quedamos encantados. Os asistentes pasarono moi ben, veu máis xente da esperada e por iso quixemos repetir. De feito na primavera a xente xa preguntaba se ibamos volver a facer o festival, e nós xa estabamos convencidos, pero cando a xente te anima, máis aínda.

Como fixeron para contactar cos grupos?

Ulträquäns, que son os cabeza de cartel, xa iban vir o ano pasado pero tiveron que cancelar a data por uns problemas e entón este ano recuperámolos. Muxarega son case da familia, porque a miña irmá Sabela canta no grupo. Clan Maragato, que son de San Cibrao, viñeron o ano pasado como público, gustoulles e ofrecéronse, polo que este ano veñen tocar. Tamén virán Xente Nova de Celeiro e O Ghusto do Boi, da zona de Compostela, que xa foron máis por contacto.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios