Dianteiro do Paradela

Juan Manuel Silva, responsable dun hat trick na goleada ao Quiroga

Segunda Galicia Sur
Paradela_JuanManuel
Vitoria avultada do Paradela esta fin de semana ante o Quiroga, ao que venceu por 6-2 cun hat trick de Juan Manuel, dous deles de vaselina, e un desde lonxe para dar espectáculo á grada. Partido que se puxo de cara para o local, que xa levaba catro goles de vantaxe ao descanso saíndo moi ben ao contragolpe. Coa relaxación, o Quiroga recuperou terreo na segunda ata poñerse 4-2, pero completou Adrián a conta a cinco minutos do final.