Lunes. 18.12.2017 |
El tiempo
Lunes. 18.12.2017
El tiempo

Josefa Miragaya celebrou 103 anos rodeada da familia

Josefa, co seu tataraneto Diego Souto, de catro anos, Laura Ageitos e Regina Polín
Josefa, co seu tataraneto Diego Souto, de catro anos, Laura Ageitos e Regina Polín
A guitiricense recibiu como agasallo municipal una planta e un diploma conmemorativo da súa lonxevidade

A guitiricense Josefa Miragaya Díaz, unha das cinco centenarias do concello de Guitiriz, vén de conmemorar os seus 103 anos de vida rodeada, como a ela lle gusta, por fillas, netos, bisnetos, tataranetos e outros familiares e amigos que non quixeron perderse a celebración do seu aniversario.

Nada o 2 de outubro de 1914 en Mariz, casou cun mozo da parroquia, co que tivo catro fillas. A parella foi vivir a Becín, onde Josefa residiu, mesmo tras quedar viúva, ata que hai pouco máis dunha década se mudou cunha das súas fillas ao Mesón da Cabra.

Josefa, que hoxe conta con oito netos, dez bisnetos e sete tataranetos, «atópase en moi boas condicións, conserva os cinco sentidos e unha memoria máis que envexable», tal e como puideron comprobar a alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín, e a tenente de alcalde, Laura Ageitos, ao visitala nunha xornada tan especial. A delegación municipal felicitouna pola súa lonxevidade, agasallándoa cunha planta e un diploma conmemorativo.

Josefa Miragaya celebrou 103 anos rodeada da familia
Comentarios