José Tomé Roca: ''El PSOE ya pasó su peor momento y ahora toca crecer''

Dende a pasada década dos 80 centra gran parte da súa actividade diaria no PSOE. Agora afronta o seu terceiro mandato como secretario xeral en Monforte, etapa que di iniciar coa ilusión de «poñer ó partido no sitio que lle corresponde recuperando a confianza dos veciños».

O socialista José Tomé Roca (Guitiriz, 1958), portavoz do grupo municipal monfortino, acaba de renovar a confianza da agrupación local para continuar ocupando o seu posto de secretario xeral. Considera esta nova etapa como decisiva para que o PSOE consiga aunar esforzos para chegar a gobernar na Xunta atendendo as inquedanzas dos monfortinos. No ámbito local afirma que o goberno, en mans do BNG, está máis inactivo que nunca e estima que boa parte se debe a que no seu día o alcalde rexeitou a posibilidade de formar unha coalición de goberno cos socialistas.

Como foron os seus primeiros pasos na política.

Comencei a desenvolver as miñas inquedanzas pola cuestión pública a principios da década dos 80. No 1984 entrei na UGT e dous anos máis tarde no PSOE. Logo accedín á executiva local da UGT no 1990, como secretario de formación; despois, no 1994, como secretario de organización, e catro anos despois, como secretario xeral, De aí fun á executiva galega e no 2003, os dirixentes socialistas galegos propuxéronme que fora candidato do PSOE á alcaldía de Monforte. Daquela conseguimos gobernar en coalición con BNG. Dende o 2005 ata o 2011 fun parlamentario autonómico, posto que deixei para dedicarme de cheo á política local.

Que balance fai despois de tantos anos.

A progresión ascendente do PSOE en Monforte é clara. A primeira vez que fun candidato pasamos duns 1.600 votos a 2.100, o que permitiu ter un concelleiro máis, cando naquela época había unha xestora e cogobernamos no concello cos nacionalistas. No 2007 subimos ata uns 2.500 votos, pero o BNG conqueriu maioría absoluta. Alcanzamos os catro concelleiros. O ano pasado subimos a 2.700 votos, pero o BNG, a pesar de estar en minoría, descartou establecer un pacto de goberno.

Por que non se chegou a un acordo?

Non foi por culpa do PSOE. Respectamos os acordos que tiñamos en Galicia as dúas formacións, que eran apoiar á lista progresista máis votada e buscar coalicións. Propuxemos unha coalición proporcional para ter un goberno estable e forte, sen présas, como se fixo en Lugo, pero o BNG dixo que non se daban as condicións.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios