miércoles. 27.10.2021 |
El tiempo
miércoles. 27.10.2021
El tiempo

José Sacristán e El Brujo, na Mostra de Teatro Clásico

Os actores José Sacristán e El Brujo son os dous cabezas de serie duha Mostra de Teatro Clásico que comezará este domingo en Lugo e se porlongará ata o día 26. Sacristán manterase case que dúas horas sen descanso sobre o escenario con ‘Yo soy don Quijote de la Mancha’, o vindeiro día 20. El Brujo, actor que sempre xoga como titular neste certame polo seu favor entre o público lucense, atenderá a súa cita anual o día 24 con ‘La odisea’ de Homero.

O programa foi preparado pola concellería de Cultura, que dirixe Carmen Basadre, para que se desenvolva no auditorio Gustavo Freire ás 20.30 da tarde. A excepción será ‘Lazarillo’, de Caramuxo Teatro, que empezará ás 18.30 do día 23. Comezará este domingo con Histrión Teatro sobre o escenario para representar ‘Juana La Loca, la reina que no quiso reinar’.

Consiga AQUÍ la información completa

PROGRAMA

Juana La Loca

 

Histrión Teatro ofrece o día 17 unha ollada nacida dos ollos de Juana de Castilla, Juana La Loca, nai de reis e raíñas, testemuña doente de intrigas e ambicións palacianas.

El médico de su honra

Teatro Corsario monta o 19 a peza de Calderón de la Barca. Un home, obsesionado coa infidelidade da muller, monta un plan.

Yo soy don Quijote

José Sacristán, con Metrópolis Teatro, escenifica o día 20 esta obra baseada no orixinal de Cervantes. É unha nova aventura de don Quijote.

Lazarillo

Caramuxo Teatro chegará ao Gustavo Freire o día 23 con esta adaptación da obra, en clave galega e en ton de comedia.

La odisea

El Brujo leva a obra de Homero ao certame o día 24. Estará acompañado de tres músicos que interpretarán en directo.

Madame Bovary

Pentación presenta unha versión da novela de Flaubert, sendo a primeira vez que acontece en España.

José Sacristán e El Brujo, na Mostra de Teatro Clásico
Comentarios