José María González Barcia: ''El Plan Xeral es un texto que no puede estar en un cajón, por lo que lo vamos a desarrollar desde ya''

José María González Barcia
O rexedor popular dunha das localidades con máis proxección da comarca tiña como principal reto do seu mandato a aprobación do PXOM, un documento que a Xunta ratificou esta mesma semana.
 

O pasado mércores, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicaba a aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Burela, tan só dous días despois de que o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Agustín Hernández, se desprazara á localidade para firmar a orde de aprobación. Ese día o rexedor, José María González Barcia, non podía ocultar a súa satisfacción por ter conseguido o principal reto que se marcou para este mandato.

Vese que está satisfeito co primerio Plan Xeral de Burela.

Persoalmente estou satisfeito polo traballo feito, porque na política municipal un dos procesos máis complexos é a elaboración dun Plan Xeral, pero tamén é gratificante ver, cando se aproba, que o teu concello conta cun instrumento que lle permite abordar o futuro con argumentos sólidos. Se só pensase nos réditos políticos, posiblemente non se elaboraría o documento, pero estou na política para facer cousas polo meu pobo. Tamén teño que agradecer a todas as persoas que participaron na elaboración, ó meu equipo e, especialmente, ó edil de obras, Manuel Fernández Valle.

Un documento destas característica esixe moita dedicación?

Moitísima. Houbo que pasar por un rosario de reunións, por suposto co equipo redactor, e tamén coas administracións e institucións que debían emitir informes. Foi un traballo moi intenso que culminou o 8 de setembro de 2013, coa aprobación provisional dun documento que considero marca un antes e un despois na vida e na historia de Burela.

Que se atoparon cando chegaron ó goberno?

A principios da década pasada, o goberno do PP redactou un PXOM que se chegou a someter a un prazo de plantexamento de suxerencias por parte dos veciños. A enorme volatilidade da normativa urbanística da época fixo que, coa publicación da lei dos 500 metros, o documento quédase aparcado. O bipartito local comezou a traballar sobre ese mesmo plan, pero non pasou de redactar o documento de inicio e por riba parou todo o procedemento, quizais por falta de ganas e tamén de ideas . Cando nós chegamos de novo ó goberno en xuño de 2011 tiñamos a forte convicción de sacalo adiante sen presa pero sin pausa, e nos meses seguintes foron continuas as reunións neste senso.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios