martes. 11.08.2020 |
El tiempo
martes. 11.08.2020
El tiempo

José María González Barcia: ''Es un reflejo del gran potencial que tiene el mar para Burela''

José María González Barcia. Foto: AMA
José María González Barcia. Foto: AMA

A feira Expomar convertirá dende hoxe a Burela na capital da pesca, pois ata a Mariña achegaránse autoridades, pero tamén representantes de máis de 300 empresas nacionais e internacionais, que mostrarán os seus produtos no cento de expositores que encherán a nave de redes, onde ata o domingo se desenvolverá o evento.

Que significa Expomar para Burela?

Hai que destacar que non é nada doado para un concello pequeno coma a noso, de 10.000 habitantes, organizar un evento coma este, que se codea de igual a igual coas feiras que se celebran no norte de España, dende o Miño ao Bidasoa. Expomar reflexa a importancia que ten a pesca en Burela, o potencial do mundo do mar, que é indudable, e por iso no seu momento dende o Concello se apostou por unha fundación que potenciase o evento. Fálase moito de que medramos coa chegada de Alcoa, pero eu recordo como foi crecendo a localidade arredor da pesca, claro que despois viñeron outras cousas e todo axuda.

Tamén é importante a inxección económica que supón para o pobo?

Si, e o segundo aspecto salientable da feira, que cobra máis importancia se cabe este ano polo tema da crise económica. Nestes catro días, a hostalaría traballa a tope e os hoteis xa teñen colgado o cartel de completo, o que se fai especialmente interesante polo momentos que estamos a vivir. Todo iso repercute de forma favorable no noso tecido socioeconómico e fai que Burela se proxecte ao exterior fun xeito importante, xa que Expomar arrastra moita xente.

Consiga AQUÍ la información completa

José María González Barcia: ''Es un reflejo del gran potencial que...
Comentarios