José Manuel Rus Rodríguez: ''O Concello deunos menos axudas pero colabora igual''

CHA2603P8F1.JPG
photo_camera CHA2603P8F1.JPG

Máis de 15 anos á fronte da coordinación da Mostra de Exposición de Muimenta dan para moito. E é que José Manuel Rus é parte máis que importante de que esta feira multisectorial da comarca chairega cumpra, os días 5, 6 e 7 de abril, a súa vixésima novena edición.

A FEIRA MULTISECTORIAL por excelencia na comarca chairega, a Mostra Exposición Muimenta (Moexmu), acada este ano a súa vixésimo novena edición. A crise, aínda que pasa factura, non consegue mermar as ansias de José Manuel Rus por sacar adiante un proxecto que, un ano máis, se converte nun referente das mostras e exposición do sector gandeiro e agrícola. Nesta nova edición, os visitantes da Moexmu poderán desfrutar dun amplo abano de actividades por tan só tres euros.

Falta algo máis dunha semana para que dea comezo unha nova edición da Moexmu. Como levan a preparación?

A nivel expositores temos todo pechado, conseguimos un cheo absoluto. Despois en canto á maquinaria, o prazo para anotarse continúa aberto ata o vindeiro día 1 de abril.

Pesan os anos, ou cada vez custa menos organizalo todo?

Como en todo, hai etapas. Nós démonos conta que cando a feira se facía no mes de xullo non funcionaba todo o ben que se esperaba. Trasladala no 2002 ao mes de abril foi un acerto. Agora xa temos máis ou menos establecida a dinámica de traballo e a xente que vén amosar e vender nos expositores habitualmente repite, polo que máis ou menos temos contabilizado os participantes. Á xente gústalle vir e colaborar con nós, así que o traballo faise máis sinxelo.

Nesta ocasión tiveron algún problema máis para conseguir cartos? Houbo certas diferencias coas axudas que presta o Concello?

O Concello eliminou tódalas axudas aos colectivos de Muimenta, salvo á Moexmu. É certo que a achega económica é menos cá doutros anos, pero hai outro tipo de axuda que se mantén. Desde fai unha semana operarios do Concello están colaborando con nós para poder ter todo listo no recinto feiral, e eso é algo que debemos valorar positivamente.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios