José Luis López: ''Tenemos que producir más y abrir mercados''

O visto bo da Xunta á IXP para o pemento de Mougán é unha gran noticia para os produtores, que afrontan agora novos retos.

A asociación de produtores de pementos de Mougán (Apropem) recibiu a finais de maio unha noticia que esperaba dende hai tempo, a luz verde da Xunta de Galicia á súa solicitude para inscribir o produto estrela do concello guntinés no rexistro comunitario de indicacións xeográficas protexidas (IXP). Aínda que falta a ratificación de Bruxelas, o acordo de Medio Rural permitirá sacarlle partido a esa distinción dende a próxima campaña. O presidente de Apropem, José Luis López Fernández, cre que a calidade e a exclusividade do pemento guntinés faino merecedor dese recoñecemento.

Foi difícil concienciar aos veciños das vantaxes de loitar pola IXP?

Cando comezamos coa asociación non se acababan de decidir, todos estabamos de acordo pero non se daba o primeiro paso. Pero o máis complicado foi documentarse sobre a procedencia do pemento e cumprir todos os trámites, arrancamos con este obxectivo hai xa uns doce anos.

Como valora o visto bo á distinción por parte da Xunta?

Supón un espaldarazo a todo ese traballo, a IXP pode supoñer que o noso pemento se dea a coñecer e axudar tamén a abrir mercados.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios