José López Orozco: ''No tengo constancia de que las licencias a Nupel fueran irregulares''

José López Orozco, onte. PEPE ÁLVEZ
photo_camera José López Orozco, onte. PEPE ÁLVEZ

O alcalde de Lugo di estar «tranquilo» logo de ser imputado no caso Campeón. José López Orozco non sabe a que obedece a acusación, malia que rebate as declaracións de Jorge Dorribo e asegura non ter constancia de que as licenzas municipais a Nupel fosen concedidas de xeito irregular.

Orozco di que o caso Campeón non é un pesadelo nin lle quita o sono, aínda que recoñece o mal trago que está pasando desde que soubo que fora acusado de prevaricación pola xuíza Estela San José.

Como se atopa logo de ter sido noticia nos medios a nivel nacional.

Estou tranquilo desde que saíu a información sobre o que dixo (Jorge Dorribo) no Supremo, que foi a primeira vez que tiven coñecemento da tema e, sobre todo, estou máis tranquilo desde que se presentou a querela (contra o empresario).

Como está a ver a evolución do caso logo de saberse que Jorge Dorribo implica tamén ao presidente da Audiencia Provincial.

Dame a impresión de que hai un intento claro de manchar ao maior número de persoas, con tal de que se fale deles e non do suxeito que é a clave de todo esto.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios