José Fernández Corral

Flores en un cementerio.PIXABAY
photo_camera Flores en un cementerio.PIXABAY

A Uned Sénior de Eume e Terra Chá despide a un dos seus primeiros alumnos, o pontés José Fernández Corral, que este venres finaba aos 85 anos de idade.

Estudante da materia de Medicina en Momán (Xermade) dende o ano 2008 co doutor Marcelino Mosquera, foi precisamente este quen, como médico de garda no hospital Arquitecto Marcide en Ferrol, o acompañou nos seus últimos momentos. E aí José de Cervicol, como era coñecido, quixo compartir con quen foi o seu mestre tantos anos o agradecido que estaba de ter participado nesta universidade rural, tanto polo profesorado como polos compañeiros que con el estiveron nesta andaina educativa e que, segundo el dicía, lle daban vida. A súa familia despediuno na intimidade este sábado, cunha misa na igrexa de Santa María das Pontes, para logo recibir sepultura no cemiterio municipal das Campeiras.