José Antonio Pérez: ''El secreto está en la calidad de los ingredientes''

José Antonio Pérez, na cociña do restaurante Moneda. (Foto: Sebas Senande)
photo_camera José Antonio Pérez, na cociña do restaurante Moneda. (Foto: Sebas Senande)

O cocido é o prato forte de Baleira. No inverno atrae centos de persoas, sérvese en todos os restaurantes e quen o proba repite.

os cocidos de Baleira gañaron fama a fogo lento. José Antonio Pérez, cociñeiro por tradición familiar, explica as razóns dese mérito que, como o bo sabor, é difícil de esquecer para quen o proba.

Que ten o cocido de Baleira para ser especial?

O produto natural. Facémolo con porcos criados na casa. Desde os catro meses sabemos que están alimentados con produtos naturais, non proban o penso, e por iso a carne ten garantía de calidade e sabe mellor. Os embutidos tamén son elaborados e curados na casa.

E o que non é carne?

Colleitamos todo. Desde as verduras e as patacas ata o viño e os licores, que tamén os facemos nós.

Entón, as sobremesas serán caseiras e o café, de pota.

Por suposto.

Á marxe da importancia da materia prima, tamén influirá a man do cociñeiro, non?

Facer un cocido non ten moita ciencia, o máis importante é saber seleccionar unha boa materia prima.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios