José Aira López: ''Os premios son o de menos, importa máis a calidade''

José Aira posa na súa adega xunto as botellas do viño gañador. TOÑO PARGA.
photo_camera José Aira posa na súa adega xunto as botellas do viño gañador. TOÑO PARGA.

José Aira lópez propietario Da Adega San Mamed. A adega que dirixe José Aira recibiu esta semana a distinción de mellor tinto de Galicia polo seu viño Mencía San Mamed, un recoñecemento que se suma á longa lista de premios obtidos dende que hai 14 anos entrara na Denominación de Orixe Ribeira Sacra

Unha traxectoria que comezou hai máis de cen anos con pequenos cultivos ubicados en Vilachá de Salvadur (A Pobra do Brollón) viuse esta semana recoñecida co premio ao mellor tinto de Galicia polo caldo Mencía San Mamed. Detrás deste exitoso produto que puxo dacordo aos expertos que participaron na cata anual que organiza a Consellería de Medio Rural está unha familia na que o cariño e o gusto por facer as cousas ben ten máis peso que calquera das distincións que poidan obter os seus viños. Así o indica José Aira López, propietario da adega, que a pesares de sumar galardóns ano tras ano segue a percorrer cada semana as rutas que van cara á Coruña cun furgón para comercializar os seus produtos.

Como recibiron o premio, é un máis ou ten un peso especial?

Con moitísima alegría, desde logo é algo totalmente diferente porque ter o mellor tinto de Galicia sempre te pon a outro nivel, pero tampouco é o que máis nos preocupa. Os premios son o de menos, para nós importa máis a calidade do produto e o cariño con que o fagas, se falta iso de pouco vale que che dean unha distinción e é máis, será máis difícil que cha concedan porque probablemente o teu produto será peor.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios