Centrocampista do Lemos B

Jorge Vázquez, Un gol decisivo contra un dos favoritos

SEGUNDA GALICIA SUR
LEMOS B-FAGIN
photo_camera LEMOS B-FAGIN
O gol que o sábado marcou Jorge no ecuador da segunda metade do partido contra o Oural serviu para que o equipo de Monforte lograra tres puntos importantes. É a segunda vitoria desta tempada no Luis Bodegas dos de Manuel De la Horta, que aínda non conseguiron puntuar fóra da casa. Jorge leva anotados 5 tantos este ano, case a metade dos que leva en total o equipo (12).