Jorge Coira lleva a Sicilia ‘18 comidas’, que se estrena en el festival de Taormina

Jorge Coira, nunha imaxe quitada cando rodaba ‘18 comidas’ (Foto: EP)
photo_camera Jorge Coira, nunha imaxe quitada cando rodaba ‘18 comidas’ (Foto: EP)

O realizador lucense Jorge Coira estreará a súa película ‘18 comidas’ no Festival de Taormina, en Sicilia, o vindeiro sábado. O actor Robert de Niro acudirá tamén ao certame, no que se fará a estrea mundial de ‘Toy story 3’, segundo anunciou o luns 7 a directora do certame, Deborah Young, durante a presentación en Roma.

Coira estará acompañado polo tamén lucense Luis Tosar, que ten un papel neste filme coral, que se estreará en España despois do verán. Director e intérprete participarán nunha edición na que o cinema español é o convidado de honra, polo que foi anunciada tamén a presenza de Victoria Abril, Isabel Coixet, Lola Dueñas e Álvaro Pastor.

Na mañá do luns que abre a semana que vén terá lugar unha mesa redonda sobre cine español de hoxe en día.

Competición
‘18 comidas’ é unha das sete películas que entran a competición na sección Mediterráneo. Serán a italiana ‘Despois da vida’, de Gianfrancesco Lazotti, con Christian Capotondi, Nicoletta Romanoff e Filippo Nigro; e as cintas francesas ‘Rapazas’, de Yasmina Reza; ‘Nous trois’, de Renaud Bertrand, con Emmanuelle Béart, Stefano Accorsi e Jacques Gamblin, as competidoras de ‘18 comidas’. Ademais, estréase ‘As mensaxes do mar’, do exipcio Daoud Abdel Sayed.

Tamén presenta filme o director mexicano Alfonso Arau. Trátase de ‘A desorde nas sabas’, con Maria Grazia Cucinotta, Geraldine Chaplin e Ernesto Mahieux.

A estrela invitada será Robert de Niro, a quen se lle encargou unha clase maxistral e que será quen reciba o galardón de honra do festival, o Taormina de Arte, no Teatro Antico.

Outros convidados ilustres serán o deseñador Valentino, o actor inglés Colin Firth e Emir Kusturica, quen dará outra ‘master class’ xunto con Marco Bellochio, Dario Argento e o produtor italiano Francesco Alliata di Villafranca.

A pesares do espazo reservado para o cinema español, a cinematografía mimada nesta edición será a brasileña. O programa inclúe a proxección de sete películas, coma no caso do cine español, realizadas ao longo do último ano.

Ambos os países, Italia e Brasil, asinarán este venres un acordo de coprodución dirigido especialmente aos autores e ás produtoras que están comezando.

Comentarios