As funerarias non son alleas á actual crise. para sobrevivir, estas empresas deberán superar outros moitos retos.
Jorge Balado é o presidente de Aprefu (Asociación Provincial de Empresas de Servicios Funerarios), donde se traballa para intentar buscar solucións aos problemas que afectan ás empresas do sector.
Como está a vivir o mercado das funerarias a actual situación de crise?
Como en calquera outro sector, a crise está presente, repercute no negocio e nótase dunha forma similar á de calquera outra empresa. É certo que o número de falecementos, en principio, non está condicionada pola situación que se está a atravesar, pero si é certo que as condicións das contratacións cambian e se ven minguadas pola situación das familias.
Cáles son os retos aos que se enfronta as empresas?
A realidade do sector é moi distinto na provincia ao que pode haber no resto de Galicia e do Estado. En Lugo o sector está dividido en moitas pequenas empresas, a maioría de ámbito familiar, o que fai complicada a súa rendabilidade. Creo que hoxe en día o que máis nos preocupa é intentar sobrevivir. Doutra banda, a poboación da provincia atópase moi envellecida. A caída demográfica é preocupante, polo que creemos que isto afectará ao volume de servizos nun futuro non moi afastado.