Dianteiro do Muimenta

Jesús María Yáñez Ares marcou o gol da vitoria ante un dos aspirantes ao ascenso

Segunda Galicia Norte
MUIMENTA_JESUS
photo_camera MUIMENTA_JESUS
O Muimenta tamén castigou as aspiracións do San Ciprián, xa que venceuno pola mínima, o que lle dá un impulso aos de Cospeito para lograr a salvación. O dominio estivo máis entre os locais aínda que o Muimenta cando roubaba xeraba perigo. Xusto antes da pausa, nun golpe desde fóra da área, Jesús marca polos visitantes. Na segunda parte houbo ocasións para os dous, pero o marcador non se moveu máis, nin logo da expulsión dun xogador local.