jueves. 24.10.2019 |
El tiempo
jueves. 24.10.2019
El tiempo

O ferrolán Javier Gómez Noya, subcampión do mundo de triatlón

Javier Gómez Noya, logo de gañar a Copa do Mundo de Madrid, en 2006. (Foto: Xabier Cid, na Galipedia)
Javier Gómez Noya, logo de gañar a Copa do Mundo de Madrid, en 2006. (Foto: Xabier Cid, na Galipedia)

O triatleta ferrolán Javier Gómez Noya tivo que conformarse coa prata no Campionato do Mundo de triatlón que hoxe se decidía en Hamburgo. O ouro, desta vez, quedou na casa, ao proclamarse como gañador o xermano Daniel Unger, mentres que o bronce foi para o australiano Kahlefeld.

Noya, que partía como favorito na competición, liderou a carreira a pé e resistiu o primeiro ataque do alemán. Pero nos últimos metros da proba, cando parecía que o título mundial viña para Ferrol, Unger sacou forzas e rebasou a Noya a falta de 250 metros para a meta.

Ata o remate da carreira a pé, o ferrolán tivera a proba controlada. En natación rematou terceiro, tralo estadounidense Andy Potts e o francés Frédéric Belaubre. Na carreira ciclista igualáronse os tempos, sen importantes escapadas que non estivesen controladas polo pelotón.

Pero na carreira a pé, Noya fíxose notar, comezando unha tirada no quilómetro catro da que poucos puideron seguir o ritmo. A falta de tres quilómetros xa estaba claro que Noya, Unger e Kahlefeld se disputarían as medallas. Nos últimos metros, o alemán sentenciou o ouro ao proclamarse vencedou cun tempo de unha hora, 43 minutos e 16 segundos, catro menos que o ferrolán.

O outro galego que competía na proba, o ordense Iván Raña, perdeu as súas opcións no comezo da carreira a pé e terminou retirándose.

O ferrolán Javier Gómez Noya, subcampión do mundo de triatlón
Comentarios