Javier Eijo Perales: ''Al acabar el desfile ya tuve un encargo para hacer un vestido''

Javier Eijo Perales. Foto: AMA
photo_camera Javier Eijo Perales. Foto: AMA

Este mozo burelés presentou os seus primeiros deseños no desfile organizado pola asociación de comerciantes de Burela o domingo. Foron nove estilismos cunha posta en escea moi coidada que buscaba reivindicar o papel dunha muller que rompe cos estereotipos.

O DESFILE de moda que o pasado domingo celebrou a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos (Acia) de Burela na casa da cultura da localidade brindoulle a oportunidade a Javier Eijo Perales, este xoven deseñador burelés, de mostrar o seu traballo, adicado á súa tía recentemente falecida, ante unhas mil persoas e fíxoo con moito éxito.

Que significou participar nun desfile por primeira vez?

Levaba toda a semana moi nervioso, porque quería que todo estivera perfecto. Cando saíu a primeira modelo só quería que non caera ou lle pasara algo e ó acabar xa me tranquilicei e estaba moi contento, xa que moita xente me felicitou.

Dende cando deseña?

Sempre me gustou. Facía os meus propios disfraces, experimentaba con telas e durante o bacharelato xa facía vestidos para as amigas e camisas para min. Agora que estou na facultade xa fago cousas de maneira máis profesional.

En que se inspirou para crear esta primeira colección?

Está baseada na loita da muller por escapar dos estereotipos que lle veñan marcados, de aí a o título: ‘Felf-destruction’ e a estética das modelos na pasarela.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios