DIANTEIRO DA SD BURELA

Jairo Campo Vázquez, o pichichi da dianteira verde

PRIMEIRA GALICIA
Jairo Campo, dianteiro do Burela. Foto: EX
photo_camera Jairo Campo, dianteiro do Burela. Foto: EX

O Burela mantense coa mirada fixada no ascenso. Esta xornada gañou na casa ao Lourenzá e, aínda que lles custou abrir a lata, Jairo Campo deu pé á vitoria co primeiro gol no 27’. Con este, o dianteiro leva 13 tantos no curso, un máis que o seu compañeiro Adrián Fernández.