domingo. 17.10.2021 |
El tiempo
domingo. 17.10.2021
El tiempo

Iván Prado: ''A miña avoa Florinda é o meu superheroe''

O sorriso é o latexo vital do ser humano, así o salienta Iván Prado, encargado da realización do Festiclown. Este rapaz lucense decántase por unhas vacacións nas que pasalo ben sexa sinónimo de traballar, e se pode facelo en Chiapas ou Palestina, mellor. Elixe bailar como deporte para esta estación, e non dubida en escoller á súa avoa florinda como o seu superheroe favorito.

1. O sorriso é:
 a) Algo imprescindible.
 b) Unha boa forma de ligar.
 c) Algo moi importante.
O latexo vital do ser humano.

2. De elixir...
 a) O sorriso dun neno.
 b) O sorriso dunha boa moza.
 c) O sorriso dun velliño.
O primeiro para o meu traballo, o segundo para o meu amor e o terceiro para o meu recordo.

3.Viaxar...
 a) Para disfrutar.
 b) Para traballar.
? c) Para disfrutar mentres traballo.

4. A linguaxe cómica...
? a) É universal.
 b) Depende un lugar ou outro.
 c) Iso existe?

5.¿Que bota de menos cando viaxa?
 a) A mamá e o papá.
 b) A quietude da casa.
 c) Non boto nada de menos...
Ir ao cine.

6. Que prefire?
 a) Festa e moita máis festa.
 b) Un viaxe a unha illa deserta.
 c) Unha boa película.
Unha revolución divertida.

7. Que lle motiva máis?
 a) Un encontro o pé da praia.
 b) Ben acompañado na tenda de campaña.
 ? c) Unha cala descoñecida.
Un encontro ben acompañado nunha cala descoñecida.

8. Non falta no seu ipod:
 a) Música clásica.
 b) Reggeaton.
 c) Pop petardo.
Non sei, acaban de roubarmo.

9. Para vostede a canción do verán é:
 a) Unha tortura.
 b) Algo que espero con ganas.
 c) O que?
Un recordo da era terciaria.

10. Un superheroe:
 a) Supermán.
 b) Spiderman.
 c) Lobezno.
A miña avoa Florinda.

11. ¿As súas vacacións ideais?
 a) Praia.
 b) Montaña.
 c) Cidade.
Chiapas e Palestina.

12. Nesta época vostede ponse...
 a) Moi ben.
 b) Insoportable.
 c) Imos tirando.
A reflexionar...

13. A operación biquini cando a comeza?
 a) Vivo nela.
 b) O 15 de xuño.
 c) Si, opero o biquini.
Despois da operación nécora.

14. O verán gústalle porque...
 a) Hai vacacións.
 b) As rapazas levan menos roupa.
 c) A quen lle gusta o verán?
Porque pasa sen me decatar.

15. En quen lle gustaría rencarnarse?
? a) En Mr. Bean.
 b) En Krusty el payaso.
 c) En Benny Hill.

16. Nunca lle dixeron...
 a) Non es ti, son eu.
 b) Quérote como a un irmán.
? c) Es demasiado bo para min.

17. Da fauna praiera teme máis:
? a) Ás imitadoras de Marujita Díaz.
 b) Á que habita na ensaladilla.
 c) Ás algas.

18. Velo todo...
 a) En branco e negro.
 b) De cores.
 c) Gris.
Posible.

19. O avituallamiento ideal:
 a) Cervexa.
 b) Tinto de verán.
 c) Piña colada.
Un bo mencía galego.

20. Deporte para esta estación?
 a) Barra fixa de día e de noite.
 b) Ver o Tour de Francia.
 c) Case sempre en horizontal.
Bailar.

21. Que non faría nunca?
? a) Meterme nunha xira de OT.
 b) Botar a tarde na cafetería.
 c) Non penso niso.

22. Para durmir?
 a) Un hotel de 5 estrelas.
 b) Ao raso baixo as estrelas.
 c) En casa de mamá.
Unha hamaca en Chiapas.

23. A mellor serie é:
 a) Los payasos de la tele.
 b) House, polo seu humor.
 c) Los Simpson.
Unha da que xa non lembro o nome.

24. Elixa unha frase:
 a) "Desde que cogí su libro me caí de risa. Algún día espero leerlo" (Groucho Marx).
? b) "No soy un completo inútil, sirvo de mal ejemplo" (Les Luthiers).
 c) "Si no tenemos éxito, podemos fracasar" (George Bush).

Iván Prado: ''A miña avoa Florinda é o meu superheroe''
Comentarios