Iván Merayo: ''Imaginé las últimas visiones del fusilado''

Iván Merayo (Foto: T.Parga)
photo_camera Iván Merayo (Foto: T.Parga)

Dende hai case tres lustros rondáballe a idea de facer unhas fotografías sobre o lugar onde en 1941 o ferroviario Manuel Pérez Goyanes foi fusilado polo anterior réxime. Hoxe amósaas en Lugo.

Nunca pensou en mostrar ao público o seu traballo fotográfico que fixo sobre as posibles derradeiras imaxes que puido ter deste mundo o último fusilado polo réxime franquista na comarca de Lemos, o ferrovario Manuel Pérez Goyanes. Os amigos de Iván Merayo foron quen o animaron a sacar as súas fotos á luz e así facer unha homenaxe ao falecido e o resto dos fusilados. Hoxe, ás 20.00 horas, ábrese no Museo Provincial a exposición desas fotos, acto no que estarán o vicepresidente da Deputación Antonio Veiga e o responsable de Cultura e Turismo, Mario Outeiro. A exposición titúlase ‘Coma silvas que comen muros’.

Como naceu a mostra?

Hai uns dez ou posiblemente 15 anos, un amigo contoume onde foi fusilada a última persoa en Monforte, no camiño de Freixo, á entrada dende a estrada que vai cara a Chacinera, por onde vivo. Ese camiño vai rematar nos Chaos. Fun varias veces por alí e sempre imaxinei cal sería a sensación do ferroviario antes de morrer sabendo que ía ser asasinado. Sempre pensei en facer unhas fotos imaxinando o que foron as súas derradeiras visións. Foi pasando o tempo pero a idea quedoume. Un bo día ía cara Vilachá pola estrada do canal, que é case paralela, e de golpe sentín algo e dixen que era o día de facer esas fotos. Din a volta e fun para o lugar. Iso pasoume hai case un ano. Logo ensinei as fotos aos amigos e dixéronme que as tiña que expoñer. Fixen o proxecto, presenteillo á Deputación e saíu adiante.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios