Isabel Risco: ''La Ribeira Sacra es una catedral natural gallega''

Isabel RiscoÉ a imaxe do certame de tapas que comeza hoxe. Coñece a comarca dende hai anos e pensa vir con máis detalle porque a considera como a catedral de Santiago, pero ao natural e ao grande.

ISABEL RISCO é unha coñecida actriz galega que conta no seu currículo co premio Mestre Mateo á mellor actriz de reparto do ano pasado polo seu traballo no programa de humor ‘Era visto’ da TVG. Leva no mundo do audiovisual dende que empezou en 1997 con actuacións teatrais na universidade. Case rematou Dereito, pero ao final fixo Pedagoxía Teatral, unha especialidade da que tan só houbo dúas promocións en Galicia. Naceu na Coruña en 1975 e ten raíces en Lugo e familia en Monforte, onde hai unha semana foi nomeada madriña do VI Cume Tapas, un certame organizado pola delegación na Ribeira Sacra da Asociación Provincial de Hostalaría e Turismo de Lugo. É unha namorada de toda Galicia e dos seus recursos. Por iso aceptou a designación, da que se sente moi satisfeita por enxalzar a comida da Ribeira Sacra, da que degusta frecuentemente os seus viños e que considera tan monumental como a catedral de Santiago para ser nomeada Patrimonio da Humanidade.

Que sinte ao ser madriña dunha edición do Cume Tapas de Monforte?

Fíxome moita ilusión ao ser madriña de algo entre metafísico e físico como pode ser o Cume Tapas, da creatividade e da imaxinación da xente da hostalaría e de todo o que significa a Ribeira Sacra. É unha experiencia fantástica e irrepetible. Son madriña da miña sobriña e teño outro afillado. É unha sensación diferente pero tamén moi parecida porque enche de felicidade, aínda que tamén hai responsabilidade. É a primeira vez que me chaman para ser a imaxe dun evento gastronómico e me gusta moito porque é de algo que pide o corpo e que dá lugar a moitas sensacións. Se algo pide o corpo, hai que darllo, porque non se pode maltratar.

Vostede comentou que se sintía moi leda tamén porque ten familia pola comarca.

É certo. Teño familia en

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios