Irene A. Lata: ''Editamos obras ilustradas con máis de 30 anos nunca publicadas en España''

P ¿Un sinónimo de Galicia?
R Rocha branda.

P ¿Que quería ser de pequena?
R Non sei, pero tiña claro que quería facer algo vencellado á arte.

P ¿Un libro?

R As bruxas, de Roald Dahl.

P ¿Unha película?
R El club de los poetas muertos.

P ¿Unha canción?
R Tómbola, de Marisol.

P ¿Un lugar?

R Madrid.

P Lata de Sal é unha editorial que segue dúas liñas moi concretas.
R Temos a colección Vintage, na que só editamos obras de máis de 30 anos nunca publicadas en España; e Gatos, na que só publicamos contos sobre estes animais.

P Publicaron Un día de neve, que regala un cepillo de dentes.
R Si, iso é porque Ezra Jack Keats, o autor do libro, empregaba un na súa técnica de debuxo. Este foi o primeiro conto infantil en ser protagonizado por un neno negro.

P ¿Teñen pensado abrir novas liñas editoriais?
R Iso verase segundo marcha a editorial, pero de momento temos moitos títulos para publicar en Gatos e Vintage.

Irene Álvarez Lata

Nada na Coruña en 1981, (retratada co seu gato Chasis), estudou Literatura Comparada en Madrid e cursou o Máster de Edición de Santillana

Xunto con Juan Blanco fundou a editorial Lata de Sal, que publica contos ilustrados vintage e tamén sobre gatos

As obras publícanse en  galego, castelán e catalán

Comentarios